Nueva Era foi un semanario editado en Betanzos entre 1912 e 1913.

Nueva Era
LocalidadeBetanzos
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Órgano de la opinión brigantina y defensor de los intereses comarcanos. Literatura, ciencias y amenidades, apareceu o 4 de agosto de 1912. Periódico de carácter liberal que defendía a política do deputado Agustín García, dirixido por Juan Ponte Blanco.[1] Entre os seus colaboradores figuraban Fabián Vidal, José Bartolomé Vidal, José M. Neira, Adolfo Sánchez Díaz e José Fontenla Vázquez. Tiña unha tirada de 400 exemplares, dos que 100 se distribuían no estranxeiro. Cesou a súa publicación en novembro de 1913.[2] O 25 de novembro dese ano apareceu Betanzos Liberal.

Notas editar

  1. Gaceta de Galicia, 7-8-1912, p. 2.
  2. Gaceta de Galicia, 26-11-1913, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar