Nubes de Kordylewski

As Nubes de Kordylewski son grandes concentracións de po que parecen existir dentro dos puntos de Langrage L4 e L5 do sistema Terra-Lúa. Foron observadas por primeira vez polo astrónomo polaco Kazimierz Kordylewski nos anos 60, pero aínda hai moita controversia ó redor da súa existencia, debido ó seu extremadamente baixo brillo. Algúns astrónomos pensa que estas nubes poderían ser un evento transitorio xa que os puntos L4 e L5 de Langrage son inestables, debido as perturbacións dos planetas interiores.

Diagrama que amosa as posicións de Lagrange L4 e L5 do sistema Terra-Lúa, nos cales se atopan as nubes de Kordylewski

Descubrimento e observación editar

A existencia dunha concentración de po confirmable fotometricamente nos puntos de libración foi predita polo Profesor J. Witkowski no 1951.[1]

As Nubes foron vistas por primeira vez por Kordylewski no 1956.[2] Entre o 6 de marzo e o 6 de abril de 1961 conseguiu fotografar dúas manchas brillantes preto do punto de libración L5.[1] Durante a observación as manchas amosaron un movemento case imperceptible cara L5.[1] As observacións foron feitas dende a montaña Kasprowy Wierch.[1]

No 1967, J. Wesley Simpson fixo observación usando ó Kuiper Airborne Observatory.

A existencia das nubes de Kordylewski aínda son motivo de discusión.[2] A sonda espacial xaponesa Hiten, a cal pasou a través dos puntos de libración para detectar partículas de po, e as súas medicións non obtiveron un incremento significativo da densidade de po respecto dos niveis de densidade de po do espazo circundante.[2][3]

Aparencia editar

As nubes de Kordylewski son un fenómeno moi pouco luminoso, comparable en brillo ó Gegenschein.[4] Son moi difíciles de ver dende a Terra[5] pero poden ser visibles en noites dun ceo excepcionalmente claro e escuro.[4] Aparecen máis brillantes cando están en oposición ó Sol.[4] A meirande parte das observacións foron feitas dende desertos, o mar, ou montañas.[4] As nubes poden aparecer máis vermellas có Gegenschein, indicando que seguramente teñan diferentes tipos de partículas de po.[2]

As nubes de Kordylewski están situadas preto dos puntos de Langrage L4 e L5 do sistema Terra-Lúa.[2] Son de aproximadamente 6 graos en diámetro angular.[2] As nubes poden desprazarse entre 6 a 10 graos destes puntos.[4] Outras observacións suxiren que as nubes movesen ó redor dos puntos de libración en elipses de 6 a 2 graos.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Kazimierz Kordylewski (1961). "Photographische Untersuchungen des Librationspunktes L5 im System Erde-Mond". Acta Astronomica (en German) 11: 165–169. Consultado o 2009-02-28. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Laufer, Rene; Tost, Wilfried; Zeile1, Oliver; Srama, Ralf & Roeser, Hans-Peter (21-23 de febreiro de 2007). THE KORDYLEWSKY CLOUDS – AN EXAMPLE FOR A CRUISE PHASE OBSERVATION DURING THE LUNAR MISSION BW1. ISU Annual International Symposium (en inglés) (11 ed.). Strasbourg: Institute of Space Systems, Universitaet Stuttgart. pp. 1–5. Arquivado dende o orixinal |url= incorrecto (Axuda) (pdf) o 25 de xullo de 2013. Consultado o 06 de outubro de 2021. 
  3. NASA (ed.). "Hiten". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2012. Consultado o 2009-03-08. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Covington, Michael A. (1999). Astrophotography for the amateur (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. pp. 32–33. ISBN 978-0-521-62740-5. OCLC 1014362398. 
  5. "The Kordylewsky Clouds - An example for a cruise phase observation during the Lunar Mission BW1" (en inglés). Strasbourg (France). 2007-02. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kazimierz Kordylewski (1961). "Photographische Untersuchungen des Librationspunktes L5 im System Erde-Mond". Acta Astronomica 11. 
  • "Dust Cloud Moons of the Earth". Physics Today 2: 39–46. 1967. 
  • Winiarski, Maciej (1989). "Photographic Observations of the Clouds in the Neighbourhood of Libration Point L5 of the Earth-Moon System". Earth, Moon and Planets 47 (2). doi:10.1007/BF00058142. 
  • A Search for Objects near the Earth-Moon Lagrangian Points, por Francisco Valdes e Robert A. Freitas Jr., did not find any objects at the Earth-Moon or Earth-Sun lagrange points, but this survey was not sensitive to diffuse clouds.

Outros artigos editar