Nowhere é o álbum de estrea da banda británica de shoegazing Ride, publicado o día 15 de outubro de 1990 a través do selo Creation Records. Allmusic citou ao disco como un dos mellores álbums do xénero shoegazing, superado só polo traballo de My Bloody Valentine Loveless[1]. Nowhere foi colocado no posto 74 da lista de Pitchfork Media dos 100 mellores álbums dos 90[2], e o seu último tema, "Vapour Trail", foi elixido o número 145 na lista das 200 mellores cancións, tamén de Pitchfork[3]. O álbum tamén está incluído no libro 1001 álbums que debes escoitar antes de morrer. En outubro de 2016 Pitchfork situouno no número 3 da súa lista dos 50 mellores álbums de shoegaze de todos os tempos.[4]

Nowhere
Álbum de Ride
Publicado15 de outubro de 1990
Estudio(s)Blackwing Studios, Londres
Duración51:52
Xénero(s)shoegazing, dream pop, noise pop, space rock, neo-psychedelia
Selo(s)Creation Records
Producido porMarc Waterman
Cronoloxía
Fall Nowhere Today Forever

O álbum foi lanzado nos Estados Unidos en decembro de 1990 polo selo Sire Records, contando coas cancións extra "Taste", "Here and Now" e "Nowhere", que xa apareceran no EP Fall. Unha reedición do ano 2001 de Ignition Records engadiu ademais as catro cancións do E Today Forever como cancións extra. En febreiro do 2011, Rhino Handmade publicou unha edición especial polo 20 aniversario de Nowhere, que contiña o álbum orixinal remasterizado con sete temas extra e un disco máis cunha actuación ao vivo non editada anteriormente en The Roxy, Os Ánxeles, gravada o 10 de abril de 1991. Esta edición incluía ademais un libreto de 40 páxinas con fotografías exclusivas e un novo ensaio do crítico musical Jim DeRogatis, así como un digipak lenticular.

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Andy Bell agás onde se indique. 

Álbum orixinal
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Seagull"  Gardener and Bell 6:09
2. "Kaleidoscope"  Gardener with Bell 3:01
3. "In a Different Place"  Gardener 5:29
4. "Polar Bear"  Gardener 4:45
5. "Dreams Burn Down"  Gardener 6:04
6. "Decay" (Mark Gardener)Gardener 3:35
7. "Paralysed"  Bell 5:34
8. "Vapour Trail"  Bell 4:18
Cancións extra do CD
N.º TítuloLetrasMúsicaVoces principais Duración
9. "Taste"  GardenerAndy Bell, Loz Colbert, Mark Gardener, Steve QueraltGardener 3:17
10. "Here and Now"    Bell 4:26
11. "Nowhere"  ColbertBell, Colbert, Gardener, QueraltBell 5:23
Cancións extra da reedición
N.º TítuloLetrasMúsicaVoces principais Duración
12. "Unfamiliar"  GardenerBell, Colbert, Gardener, QueraltGardener and Bell 5:03
13. "Sennen"   Bell, Colbert, Gardener, QueraltGardener and Bell 4:23
14. "Beneath"   Bell, Colbert, Gardener, QueraltGardener and Bell 4:06
15. "Today"   Bell, Colbert, Gardener, QueraltGardener and Bell 6:26
Disco extra: Live at the Roxy, 10 de abril de 1991
N.º TítuloLetrasMúsica Duración
1. "Polar Bear" (Live)   5:01
2. "Seagull" (Live)   5:51
3. "Unfamiliar" (Live)GardenerBell, Colbert, Gardener, Queralt 4:42
4. "Dreams Burn Down" (Live)   5:28
5. "Like a Daydream" (Live)   2:46
6. "Vapour Trail" (Live)   3:36
7. "In a Different Place" (Live)   5:30
8. "Perfect Time" (Live)GardenerBell, Colbert, Gardener, Queralt 3:26
9. "Taste" (Live)GardenerBell, Colbert, Gardener, Queralt 3:27
10. "Nowhere" (Live)ColbertBell, Colbert, Gardener, Queralt 8:26
11. "Chelsea Girl" (Live)GardenerBell, Colbert, Gardener, Queralt 4:34
12. "Drive Blind" (Live)   6:59

Notas editar

  1. Recensión de Nowhere en allmusic.com (en inglés)
  2. "100 mellores álbums dos 90 de Pitchfork Media". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2015. Consultado o 15 de xaneiro de 2013. 
  3. "200 mellores cancións dos 90 de Pitchfork Media". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2015. Consultado o 15 de xaneiro de 2013. 
  4. Pitchfork (ed.). "The 50 Best Shoegaze Albums of All Time". Consultado o 24 de outubro de 2016.