Novica Veličković

baloncestista serbio

Novica Veličković, nado o 5 de outubro de 1986 en Belgrado, é un ex xogador profesional de baloncesto serbio, que foi ademais internacional coa selección serbia.

Novica Veličković
Información persoal
Nacemento 5 de outubro de 1986 (37 anos)
Iugoslavia Belgrado
Nacionalidade Serbia Serbia
Altura 2,05 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 105 kg (231 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
NBA Draft 2008 / Rolda: Sen draftear
Carreira 2004–2021
Historial de equipos
Partizan (2004–2009)
Real Madrid (2009–2012)
Mega Vizura (2013)
Brose Bamberg (2013–2014)
Mega Vizura (2014)
Trabzonspor (2014–2016)
Partizan (2016–2021)

Traxectoria editar

Veličković debutou coma profesional co KK Partizan durante a tempada 2004-05. Debutou co equipo serbio na Euroliga o 3 de novembro de 2005, anotando dous puntos contra o Élan Béarnais francés.[1]

O 23 de xuño de 2009, Veličković asinou co Real Madrid da Liga ACB un contrato por dúas tempadas con opción a unha máis.[2] En xuño de 2012, o Real Madrid decidiu rescindir o contrato de Veličković debido ás súas numerosas lesións.[3]

O 31 de xaneiro de 2013, Veličković asinou ata final de tempada co KK Mega Basket serbio.[4]

O 5 de agosto de 2013, Veličković asinou un contrato por unha tempada co Brose Baskets da Basketball Bundesliga.[5] O 20 de febreiro de 2014, o equipo alemán rescindiu o contrato do xogador. Catro días máis tarde, volveu ó KK Mega Basket ata final de tempada.

O 21 de xuño de 2014, asinou un contrato dun ano co Trabzonspor BK turco.[6]

O 1 de marzo de 2016, Veličković deixou o Trabzonspor e asinou de novo co KK Partizan ata final de tempada.[7] O 8 de xullo de 2021, tras a tempada na que se converteu no xogador que máis partidos disputou coa camiseta do Partizan, Veličković anunciou a súa retirada coma xogador de baloncesto profesional.[8]

Notas editar

  1. "Partizan Pau-Orthez (57-82)". Euroleague.net. 3 de novembro de 2005. Consultado o 23 de marzo de 2017. 
  2. "Real Madrid lands Rising Star Velickovic". Euroleague.net. 23 de xuño de 2009. Consultado o 24 de febreiro de 2014. 
  3. Carchia, E. "Ante Tomic and Novica Velickovic to leave Real Madrid". Sportando. Consultado o 13 de agosto de 2012. 
  4. "Mega Vizura signs Novica Velickovic on a short-term contract". Sportando. Consultado o 16 de maio de 2013. 
  5. "Brose Baskets Bamberg announced Novica Velickovic". Sportando. Consultado o 5 de agosto de 2013. 
  6. "Trabzonspor announces Hardy, Simmons and Velickovic". sportando.net. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2014. 
  7. "Novica Veličković ponovo u Partizanu". kkpartizan.rs (en serbio). 1 de marzo de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2016. 
  8. Novica Velickovic anuncia su retirada con 34 años

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar