Novela gráfica
Novela gráfica é un formato de publicación destinado a un público con guión dun só autor e que contén unha historia única, onde se fusionan o debuxo e a narrativa e se presentan temas profundos e historias extensas.[1][2] Ademais, nun sentido diacrónico, é un movemento vangardista do século XXI herdeiro da historieta alternativa e con difusión internacional, que abrangue tanto banda deseñada estadounidense (Charles Burns, Daniel Clowes, Gary Panter, Joe Sacco, Seth) como francófona (Guy Delisle, Marjane Satrapi) e mesmo española (Paco Roca, Luís Durán...), israelí (Rutu Modan) e xaponesa (Jiro Taniguchi), cuxa figura central é Chris Ware.[3] Como tal, implica unha revolución das historias abordadas, alén da revolución gráfica producida desde os anos 70.[4] Pode considerarse, neste senso, "como o último (até agora) dos varios intentos feitos pola banda deseñada de asaltar a fortaleza da respetabilidade cultural". Toda esta polisemia levou a confusións e contradicións entre os diversos autores, expertos e lectores. Recoñécese como a primeira novela gráfica á obra O Eternauta (1957) de Héctor Germán Oesterheld; aínda que a primeira obra auto proclamada como novela gráfica foi Contrato con Deus (1978) de Will Eisner; a cal popularizou o termo.
Notas
editar- ↑ García (2010), 218-219.
- ↑ Ramírez (28/07/2009), 12.
- ↑ García (2010), 215-264.
- ↑ Portela, Carlos en entrevista con Fernández, David (19/11/2008). Zona Negativa entrevista a Carlos Portela, "Zona Negativa".
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- GARCÍA, Santiago (2010). La novela gráfica, Bilbao, Astiberri Ediciones.
- GUIRAL, Antoni (09/2010). 100 años de Bruguera. De El Gato Negro a Ediciones B. Barcelona: Ediciones B. Depósito Legal: B-24625-2010. ISBN 978-84-9885-647-7.
- PORCEL TORRENS, Pedro (2010). Tragados por el abismo. La historieta de Aventuras en España. Castalla (Alicante): Edicions de Ponent. Depósito legal: A-813-2010 ISBN 978-84-96730-53-3.
- RAMÍREZ, Juan Antonio (1975). El "comic" femenino en España. Arte sub y anulación. Madrid: Editorial Cuadernos para el Diálogo, S. A. Colección Divulgación universitaria, Arte y literatura, número 78. .Depósito Legal: M. 8.752 - 1975 ISBN 84-229-0177-3.
- RAMÍREZ, Juan Antonio (28/07/2009). "Prefacio. La novela gráfica y el arte adulto", en García, Santiago, La novela gráfica, Bilbao, Astiberri Ediciones, pp. 11-13.