Nova democracia (concepto)

A Nova Democracia (chinés simplificado: 新民主主义) ou a Nova Revolución Democrática (chinés simplificado: 新民主主义革命) é un concepto maoísta baseado na teoría do bloque das catro clases descrita por Mao Tse Tung.

Teoría editar

A teoría é unha adaptación do sistema marxista-leninista ás condicións da China pre-revolucionaria. Para Mao Tse Tung, as catro clases existentes na China (traballadores proletarios, campesiños, pequenos burgueses e capitalistas de ámbito nacional) debían unirse para, baixo a dirección da clase traballadora, loitar contra o réxime gobernante e instituir a Nova Democracia. Esa "nova democracia" constituiría, entón, o sistema de goberno seguinte á revolución popular que implicaría as catro clases na construción do comunismo.

Segundo o sistema teórico marxista, a revolución socialista só pode darse despois de consolidada a revolución capitalista liberal, que crea as condicións sociais para producir a revolución das clases proletarias e que permite que a clase traballadora se converta en maioritaria, superando así a estrutura social onde a maioría popular é de ámbito campesiño. Marx consideraba que sen un ámbito industrializado e, polo tanto, sen esa maioría social de traballadores explotados polas políticas capitalistas liberais, a revolución socialista era imposíbel. Porén, o suceso da Revolución rusa de 1917, nun país que se mantiña nun réxime maioritariamente feudal, validaba a análise de Lenin que contradicía ese suposto, xa que a presenza de proletarios no Imperio ruso era moi minoritaria. Mao aplicou a análise leniniana á China, tamén fundamentalmente feudal e, pois, cun desenvolvemento industrial moi reducido; e sostivo que a democracia liberal e o socialismo podían combinarse no mesmo proceso de construción para industrializar o país e crear unha base proletaria expandida que reforzase o Partido Comunista no ámbito dunha nova forma estatal: a Nova Democracia.

Por outras palabras, na Nova Democracia, o Estado é ideoloxicamente socialista e, como tal, é dirixido polo [[Partido Comunista da

China|Partido Comunista]], e a súa poboación está envolvida activamente na construción do socialismo aínda cando, a nivel económico, o Estado poida manter varios aspectos do capitalismo co propósito de atinxir un rápido crecemento económico. O obxectivo da súa aplicación á China era colocar o país na posición en que Marx consideraba que a construción do socialismo estaba garantida pola presenza dunha maioría social proletaria. Dese modo, a Nova Democracia sería un paso intermedio na construción da sociedade comunista: desde (momento inicial) unha sociedade feudal e principalmente campesiña a (1º) unha sociedade obreira (Nova Democracia) con capacidade para estabelecer (2º) unha ditadura do proletariado; e, de aí, a (3º) unha sociedade plenamente comunista, sen clases e sen Estado.

Apliación actual editar

A Nova Democracia é actualmente aplicada na China, dirixida polo Partido Comunista; e ten producido unha rápida industrialización do país e o crecemento espectacular da súa economía grazas á aplicación combinada de principios capitalistas e teoría marxista-leninista. Mao defendeu que a Nova Democracia era, na realidade, unha consecuencia desafortunada, pero necesaria, do imperialismo tal como o describe Lenin. Porén, algúns grupos de esquerda radical denunciaron esta teoría ao considerárena como unha estratexia de mal menor. Malia esta polémica, o Novo Exército Popular de Filipinas, o Partido Comunista da India e Sendero Luminoso levan a cabo actualmente unha actividade guerrilleira ("guerra popular") co obxectivo de estabelecer a Nova Democracia nos seus respectivos países.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar