Coordenadas: 39°29′22″N 0°23′47″O / 39.489444, -0.396389

O Nou Mestalla é un estadio de fútbol en construción no barrio de Benicalap, na cidade de Valencia, que substituirá cando estea acabado ao actual estadio de Mestalla, onde xoga o Valencia Club de Fútbol.

Nou Mestalla
Datos
LocalizaciónValencia España España
Construción
InauguraciónPor determinar
ArquitectoReid Fenwick Asociados e Arup
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade77.000 espectadores
PropietarioValencia CF
LocalíaValencia CF

Introdución editar

O 1 de agosto de 2007, comezaron as obras no terreo situado na Avinguda de les Corts Valencianes de Valencia, no distrito de Benicalap, para a construción do novo estadio do Valencia CF. O proxecto do novo coliseo valencianista foi presentado en sociedade o 10 de novembro de 2006, no Museo Príncipe Felipe (Cidade das Artes e as Ciencias).

A maqueta do futuro estadio foi destapada á vez polo presidente da Generalitat Valenciana, Francisco Camps, e a alcaldesa da cidade, Rita Barberá, ante a mirada do entón presidente do Valencia, Juan Bautista Soler. A construción do estadio foi e é motivo de numerosas protestas e accións xudiciais, emprendidas polos veciños da zona e polos lexítimos propietarios dos terreos. Existen, tamén, investigacións abertas no Parlamento Europeo. Ata a data, a empresa privada Valencia SAD non perfeccionou a permuta, construíndose o estadio nun terreo municipal, espazo que estaba reservado para a creación de equipamentos e instalacións públicas, segundo despréndese o Plan Director de Instalacións Deportivas 2000, aprobado pola alcaldesa de Valencia, Rita Barberá.

O estadio editar

Na fachada do novo estadio represéntanse os barrios de Valencia e o río Turia. Terá unha capacidade para 77.000 espectadores e poderá albergar competicións de atletismo. Será un campo de 5 estrelas segundo a UEFA. Terá 3.500 prazas de garaxe baixo o estadio, diferentes zonas vip's e un auditorio para asembleas e reunións.

As obras para a construción do novo estadio, están paradas desde hai un ano e medio pola crise e a mala xestión.

Orzamento editar

O orzamento total inicial das obras é de 344 millóns de euros. O estadio custará 220 millóns e a zona anexa con zona comercial, oficinas, e o museo, está orzada en 124 millóns.

Localización editar

Atópase no barrio de Benicalap, situado na enlazada da Avinguda de les Corts Valencianes e o Carrer de la Safor, á beira da glorieta da Dama Ibérica e as Torres da Pista de Ademuz.[1]

Construción editar

A UTE formada por FCC e Grupo Bertolín, comezou as obras do futuro Mestalla o 1 de agosto de 2007. Unhas obras que, en principio, estaba previsto que se alargasen ata agosto de 2010. Unha vez terminado, empezarán as obras de demolición do actual Mestalla.

Durante a construción, o día 26 de maio de 2008 morreron 4 traballadores durante labores de montaxe do estruturado metálico para encofrar, polo esborralle da estrutura de suxeición do muro pantalla dunha das 10 torres principais, precipitándose 12 metros ao baleiro tres operarios que estaban instalando a estrutura, e un cuarto, que se atopaba no piso baixo da torre supervisando a operación e ao que lle caeron todas as estadas encima sen poder reaccionar a tempo.

Durante a tempada 2008/2009, o club atravesa unha grave crise económica, paralizándose así as obras.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar