Coordenadas: 36°25′54″N 71°49′42″L / 36.43167, -71.82833

O Noshaq (tamén chamado Nowshak ou Nōshākh; urdú/persa/paxto: نوشاخ) é unha montaña que con 7.492 metros conforma a maior altura de Afganistán. O pico está xusta na fronteira entre ese país e Paquistán.

Monte Noshaq

Elevación: 7.492 metros
Latitude: 36° 25′ 54″ N
Lonxitude: 71° 41′ 42″ E
Localización: Afganistán, Paquistán
Cordilleira: Hindu Kush
Primeira acensión: 1960: Toshiaki Sakai, Goro Iwatsuboa
Rota máis fácil: ?
O Noshaq localízase no nordeste de Afganistán

Situación editar

O pico está situado na cadea mntañosa do Hindu Kush, do cal é a segunda montaña máis elevada a continuación do Tirich Mir (7.690 m). O Noshaq està situado na liña Durand que delimita a fronteira entre Afganistán e Paquistán. Sitúase ao nordeste do primeiro país e a noroeste do segundo.

Ascensións editar

A primeira escalada da cima do Noshaq realizouse en 1960, empresa que foi levada a cabo por Toshiaki Sakai e máis Goro Iwatsuboa, membros dunha expedición xaponesa. Utilizaron unha ruta da ladeira suroeste.

A primeira ascensíón invernal foi realizada no 1973, por Tadeusz Piotrowski e Andrzej Zawada, membros dunha expedición polaca, e subiron pola cara norte. Fiu a primeira ascensión en inverno dunha cima de máis de 7.000 m.

Véxase tamén editar