No Need to Argue é o segundo álbum da banda irlandesa de rock The Cranberries, editado o 3 de outubro de 1994 a través do selo Island Records. Trátase do traballo máis exitoso do grupo e vendeu ao redor dos 17 millóns de copias en todo o mundo. Ten o sinxelo máis famoso da banda ata a data, "Zombie". O disco é máis escuro e duro que Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We?, editado un ano antes. Amosa unha interpretación máis madura da súa cantante Dolores O'Riordan, escribindo sobre guerra, morte, amor e decepción. A súa voz é máis clara, sen as capas do seu anterior traballo.

No Need to Argue
Álbum de The Cranberries
Publicado3 de outubro de 1994
Gravación1994
Duración52:30
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Island Records
Producido porStephen Street
Cronoloxía
Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We? (1993) No Need to Argue To the Faithful Departed (1996)

Nalgunha das cancións a banda decidiu tomar un camiño máis roqueiro e pesado, usando distorsión e incrementando o volume. O tema "Yeats' Grave", listado erroneamente no álbum como "Yeat's Grave" e nunca corrixido en reedicións físicas,[1] fala sobre William Butler Yeats e cita un dos seus poemas, No Second Troy. A canción "Zombie", composta por O'Riordan, trata segundo ela do atentado do IRA de 1993 no que morreron dous nenos.[2]

Listaxe de cancións editar

Toda a música composta por O'Riordan e Noel Hogan agás temas 4, 7, 10-13 compostos por O'Riordan.

N.º Título Duración
1. "Ode to My Family"   4:30
2. "I Can't Be With You"   3:07
3. "Twenty One"   3:07
4. "Zombie"   5:06
5. "Empty"   3:26
6. "Everything I Said"   3:52
7. "The Icicle Melts"   2:54
8. "Disappointment"   4:14
9. "Ridiculous Thoughts"   4:31
10. "Dreaming My Dreams"   3:37
11. "Yeat's Grave"   2:59
12. "Daffodil Lament"   6:14
13. "No Need to Argue"   2:54

Notas editar

  1. Discogs (ed.). "No Need to Argue en Discogs". Consultado o 11 de maio de 2017. 
  2. Songfacts (ed.). ""Zombie" en Songfacts". Consultado o 11 de maio de 2017.