Noé, fillo de Lameque, neto de Metuxalén, é o personaxe bíblico que tería recibido ordes de Deus para a construción dunha arca, para salvar a Creación do Diluvio.

Infotaula de personaNoé

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(he) נֹחַ Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoMesopotamia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMonte Ararat Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego Editar o valor em Wikidata
Día de festividade relixiosa18 de novembro Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeNaamá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosBith (mythology) (en) Traducir, Océano, Tetis, Kanʿān (en) Traducir, Sceafa (en) Traducir, Sem, Cam (Biblia), Iafet Editar o valor em Wikidata
PaisLameque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Bat-Enosh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
dilúvio de Génesis (pt) Traducir
morte Editar o valor em Wikidata
A Arca de Noé, Französischer Meister, Magyar Szépművészeti Múzeum, Budapest. c.1675.

Mitoloxía editar

A historia de Noé atópase no libro da Xénese, sendo o seu nome mencionado por primeira vez en 5:29, ocorrendo a súa morte, no 9:29, con 950 anos. O relato conta que Noé era descendente da liñaxe de Sete, e viviu nunha época en que as outras liñaxes humanas (a partir dos descendentes de Caín e dos propios parentes de Noé, probabelmente) se amosaban corrompidas. Deus entón decidiu eliminar a poboación mundial provocando unha grande inundación, poupando, porén, a Noé e a súa familia, que se mostraron bos aos seus ollos. Entón Deus enviou un anxo a Noé, ordenándolle a construción dunha grande embarcación, onde reuniría todos os animais da terra durante os 40 días de Diluvio. Noé entón reuniu unha parella de cada especie e abrigou a súa familia no interior da arca. 40 días despois, cando a choiva cesou e a auga comezou a devalar, Noé soltou unha pomba, que lle trouxo unha folla de oliveira, indicando que a terra xa estaba seca. A arca tería ficado encallada no alto dunha montaña, supostamente sobre o Monte Ararat, na Armenia

A Noé e os seus descendentes cóubolles a tarefa de poboaren a Terra. A fonte extra-bíblica de Flavio Xosefo detalla en pormenores a descendencia de Noé, e cales pobos de cada un dos seus fillos e netos terían dado orixe. A vida de Noé despois do Diluvio, no entanto, está curiosamente deturpada polo alcoholismo. En certa altura, embebedárase co viño producido da súa propia videira de tal xeito que se atopou nu na súa tenda. O seu fillo Cam viuno e chamou os seus irmáns para que o cubrisen. Cando recobrou a consciencia, Noé maldixo a Cam e mais a seu neto Canaá, así e todo, beiceu os seus outros fillos, Sem e Xafet.

A historia de Noé ten un forte significado simbólico sobre boa parte da historia de Israel, principalmente durante o período da conquista de Canaá narrada no libro de Xosué. A maldición de Noé certamente foi usada polos pobos semitas (ou sexa, descendentes de Sen, cuxos hebreos forman parte) como xustificativa para a conquista da terra de Canaán (ocupada polos cananeos, alegadamente descendentes de Canaá, neto maldito de Noé).