Nix é un satélite natural de Plutón. Foi descuberto xunto con Hydra en xuño do 2005 polo Pluto Companion Search Team (Equipo de Busca de Compañeiros de Plutón) do Telescopio Espacial Hubble, composto por Hal A. Weaver, S. Alan Stern, Max J. Mutchler, Andrew J. Steffl, Marc W. Buie, William J. Merline, John R. Spencer, Eliot F. Young, e Leslie A. Young.

Nix
Imaxe de Nix tomada pola sonda News Horizons, 2015.
Descubrimento
Descuberto por Pluto Companion Search Team do Telescopio Espacial Hubble
Data do descubrimento xuño do 2005
Designacións
Designación alternativa "Plutón II"
Características orbitais [1]
Eixo Semi-maior 48.708 km
Excentricidade 0,0030
Período orbital 24,856 ± 0,001 d
Inclinación 0,195°
Satélite de Plutón
Características físicas
Radio medio 23 − 68 km [2]
Masa 5 x 1016–2 x 1018 kg[3]
Densidade media Descoñecida
Período de rotación Descoñecido
Oblicuidade Descoñecida
Albedo 0,04 − 0,35 (asumida)[4]
Temperatura 33-55 K
Magnitude 23,38 a 23,7 (medida)[4]

O nome formal de "Nix", provén de Nicte, deusa grega da escuridade e da noite e nai de Caronte, e foi anunciado o 21 de xuño do 2006 pola circular da UAI 8723,[5] onde tamén se lle outorga a designación de Plutón II. A proposta inicial era utilizar a grafía clásica Nyx, pero para evitar confusións co asteroide 3908 Nyx, esta nomenclatura foi cambiada pola forma exipcia deste nome grego.[6]

Nix foi visitado (xunto con Plutón) pola sonda espacial New Horizons no ano 2015.

Descubrimento, órbita, tamaño e albedo editar

 
Imaxes do descubrimento de Nix e Hydra.

As imaxes do descubrimento foron tomadas o 15 de maio do 2005; as lúas foron descubertas independentemente por Max J. Mutchler o 15 de xuño do 2005 e Andrew J. Steffl o 15 de agosto do 2005. Os descubrimentos foron anunciados o 31 de outubro do 2005, despois da confirmación de datos recuperados do 2002 a partir de placas fotográficas antigas. As lúas foron designadas provisionalmente coma S/2005 P 1 (Hydra) e S/2005 P 2 (Nix).[5][7]

A lúa describe unha órbita circular no mesmo plano que Caronte. O seu período orbital é de 24,9 días e está moi preto de estar nunha resonancia orbital de 1:4 con Caronte, pero cunha discrepancia dun 2.7%, o cal suxire que non hai unha resonancia activa.[1] Unha hipótese para explicar esta case-resonancia é que esta foi orixinada antes da migración cara ó exterior de Caronte -seguida esta migración polas tres lúas conxuntamente-, e mantida esta resonancia pola flutuación periódica local do 9% da forza do campo gravitacional de Plutón-Caronte. Subliñar que o valor desta flutuación está en función do satélite sobre o cal actúa esta flutuación, 5% para Hydra e un 9% para Nix que está máis preto de Plutón-Caronte.

O seu tamaño non puido ser medido directamente, calcúlase que o seu tamaño estaría comprendido entre 46 km, se o seu albedo é semellante ó 35% que ten Caronte, e 137 km, se o seu albedo é do 4%, coma os obxectos máis escuros do cinto de Kuiper.[2] Nix é un pouco máis apagado que Hydra, o cal suxire que é un pouco máis pequena que esta.[4] Na imaxe do descubrimento, Nix é 6.300 veces menos brillante que Plutón.[8]

Investigacións posteriores amosaban que Nix era tirando a vermello coma Plutón, a diferenza dos outros satélites de Plutón,[1] pero investigación aínda máis recentes outórganlle a Nix unha tonalidade gris coma a do resto de satélites de Plutón.[4]

Posible orixe do sistema de satélites de Plutón editar

O sistema de lúas ó redor de Plutón é inesperadamente complexo e podería se-lo resultado dunha colisión no pasado distante entre Plutón e outro obxecto de tamaño considerable do cinto de Kuiper.[9] As lúas formaríanse a partir dos restos espallados trala colisión; moi posiblemente un evento destas características terían conducido os obxectos que chocaron a unha perda da meirande parte dos xeos volátiles, tales coma os do nitróxeno ou do metano.[10] As lúas de Plutón poderían ser a fusión dos cascallos xurdidos a partir dun evento destas características, semellante á teoría do Big Splash. Esta teoría fórmula que a creación da lúa terrestre foi a partir dunha gran colisión. As resonancias orbitais podería actuar coma fendas para recoller os materiais espallados dentro do sistema de Plutón.[11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Buie, M. W.; Grundy, W. M.; Young, E. F.; Young, L. A.; e Stern, S. A. (2006). "Orbits and Photometry of Pluto's satellites: Charon, S/2005 P1, and S/2005 P2 [sic]". Astronomical Journal 132: 290. doi:10.1086/504422. (Versión final antes da impresión) a, i, e per JPL (website actualizado no 25 de agosto do 2008)
  2. 2,0 2,1 Weaver, H. A.; Stern, S. A.; Mutchler, M. J.; Steffl, A. J.; Buie, M. W.; Merline, W. J.; Spencer, J. R.; Young, E. F.; Young, L. A. (23 de febreiro de 2006). "Discovery of two new satellites of Pluto". Nature 439 (7079): 943–945. doi:10.1038/nature04547. Consultado o 11 de novembro de 2007. 
  3. Based on the range of diameters from Buie et al. (2006), and densities ranging from 1 g/cm³ (ice) to 2 g/cm³ (Pluto).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Stern, S. A.; Mutchler, M. J.; Weaver, H. A.; Steffl, A. J. (2006). "The Positions, Colors, and Photometric Variability of Pluto's Small Satellites from HST Observations 2005-2006". Astronomical Journal 132. doi:10.1086/506347.  (Versión final antes da impresión)
  5. 5,0 5,1 IAU Circular No. 8723 nomeando as lúas
  6. "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. USGS Astrogeology. 21 de xullo de 2006. Consultado o 15 de agosto de 2006. 
  7. IAU Circular No. 8625 Arquivado 02 de outubro de 2008 en Wayback Machine. describindo o descubrimento
  8. Brightness Difference on 2005-05-15: (5th root of 100) ^ (Magnitude aparente de Nix 23,38 - MagAp de Plutón 13,87) = 6.368x
  9. Maugh, Thomas H. II (11 de xullo de 2012). "Astronomers find fifth moon at Pluto". Los Angeles Times. Consultado o 11 de xullo de 2012. 
  10. Nemiroff, R.; Bonnell, J. (16 de xullo de 2012). "Fifth Moon Discovered Orbiting Pluto". Astronomy Picture of the Day. Consultado o 17 de xullo de 2012. 
  11. Matson, J. (11 de xullo de 2012). "New Moon for Pluto: Hubble Telescope Spots a 5th Plutonian Satellite". Páxina web de Scientific American. Consultado o 12 de xullo de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar