Nintendo DSi

videoconsola de peto producida por Nintendo

Nintendo DSi é unha videoconsola de peto producida por Nintendo. Constitúe a terceira variante do modelo Nintendo DS, tras esta e a Nintendo DS Lite. Como consola da oitava xeración compite coa PlayStation Portable de Sony. Saíu ó mercado no Xapón, Oceanía, Europa e América entre 2008 e 2009.

Nintendo DSi.

Características editar

Mantén os principais atributos da DS Lite con poucos cambios estéticos, e un pouco máis pequena e a principal característica da DSi é a inclusión de dúas cámaras dixitais interactivas que se poden incorporar ós xogos ou utilizar como se fose unha cámara normal. A DSi tamén inclúe conectividade con DSiWare, unha tenda en liña, memoria interna e posibilidade de almacenamento externo, así como un lector de tarxetas SD, o navegador web Opera e lector son que suporta só o formato AAC. Os xogos da DS Lite son compatibles, pero a diferenza desta non presenta o slot-2 que permite conectar cartuchos da Game Boy Advanced.

Nintendo comezouna a desenvolver en 2006, presentándoa en outubro de 2008 na Conferencia Nintendo de Toquio. Comezou a comercializarse no Xapón o 1 de novembro de 2008.


 
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.