Nintendo 3DS

videoconsola

A Nintendo 3DS é unha videoconsola portátil producida pola multinacional Nintendo. O seu principal atractivo é a capacidade de mostrar gráficos en 3D sen a necesidade do uso de lentes ou calquera accesorio adicionais, grazas á autoestereoscopia

Nintendo 3DS.
Logo de Nintendo 3DS.

A Nintendo 3DS presenta compatibilidade co software da Nintendo DS, incluíndo Nintendo DSi software. A compañía presentou oficialmente o aparello no ano 2010 no Electronic Entertainment Expo de 2010, levando videoconsolas de proba para os asistentes ao evento. A Nintendo 3DS é a sucesora da serie portátil Nintendo DS e as súas principais competidoras son a PlayStation Portable e a PlayStation Vita, ambas de Sony.

A Nintendo 3DS foi lanzada no Xapón o 26 de febreiro de 2011; en Europa o 25 de marzo; en América do Norte o 27 de marzo; en Australia o 31 de marzo e en Corea do Sur o 28 de abril. O 28 de xullo dese mesmo ano Nintendo anunciou unha caída importante dos prezos a partir do 12 de agosto. Ademais, os consumidores que mercaran o sistema polo seu prezo de saída tiveron acceso a dez xogos do Nintendo Entertainment System desde o 1 de setembro de 2011 e dez xogos da Game Boy Advance desde o 16 de decembro de 2011, na Nintendo eShop.

A versión Nintendo 3DS XL é a "gran formato" do Nintendo 3DS. O seu lanzamento foi anunciado na Nintendo Directo o 22 de xuño de 2012.

Este modelo foi lanzado en 28 de xullo de 2012 no Xapón e Europa, e o 19 de agosto de 2012 nos Estados Unidos.

Software editar

  • Activity Log
  • AR Games
  • Download Play
  • Face Raiders
  • Internet Browser
  • Mii Maker
  • Nintendo 3DS Camera
  • Nintendo 3DS Sound
  • Nintendo eShop
  • Streetpass Mii Plaza

Xogos editar

  • Asphalt 3D
  • LEGO Star Wars III: The Clone Wars
  • Mario Kart 7
  • Nintendogs + Cats: French Bulldog
  • Nintendogs + Cats: Golden Retriever
  • Nintendogs + Cats: Toy Poodle
  • PES 2011 3D
  • Pilotwings Resort
  • Pokémon Rumble Blast
  • Rayman 3D
  • Ridge Racer 3D
  • Samurai Warriors: Chronicles
  • Super Mario 3D Land
  • Super Monkey Ball 3D
  • Super Street Fighter IV: 3D Edition
  • The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D
  • The Sims 3
  • Tom Clancy's Ghost Recon: Shadow Wars
  • Tom Clancy's Splinter Cell 3D

Véxase tamén editar

Outros artigos editar