Nikola Tanasković

baloncestista serbio

Nikola Tanasković (en serbio: Никола Танасковић), nado o 21 de outubro de 1997 en Smederevska Palanka, é un xogador serbio de baloncesto profesional. Formado nas categorías inferiores do Partizan de Belgrado, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 2,04 m, xoga na posición de ala-pivote.[2]

Nikola Tanasković
Río Breogán  – No. 24
Información persoal
Nacemento 21 de outubro de 1997 (26 anos)
Serbia e Montenegro Smederevska Palanka, Iugoslavia
Nacionalidade Serbia Serbia
Altura 2,04 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 102 kg (194 lb)
Posición Ala-pivote
Liga ACB
Información da carreira
NBA Draft 2016 / Rolda: Non drafteado
Carreira 2015−presente
Historial de equipos
KK Partizan (2015–2019)
Spartak Subotica (2017−2018)
Mladost Zemun (2018−2019)
Mega MIS (2019−2020)
Río Breogán (2022− )

Traxectoria editar

Nado en Smederevska Palanka, unha localidade situada no centro de Serbia, Tanasković formouse nas categorías inferiores do KK Partizan de Belgrado, equipo co que debutou en decembro de 2015 e no que xogou até 2019, incluídas varias cesións. Con el KK Partizán Belgrado se proclamouse campión de Copa en 2018. Após finalizar a súa etapa no Partizan xogou para o KK Mega Basket, o KK Borac Čačak e o KK Igokea, antes de asinar polo Club Baloncesto Breogán da Liga ACB.

Clubs editar

Ao longo da súa carreira, Tanasković ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

Notas editar

  1. "O Río Breogán incorpora a Nikola Tanaskovic". CB Breogán. 26 de marzo de 2023. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Nikola Tanasković, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar