Nikkei 225

Índice bursátil xaponés

Nikkei 225 comunmente denominado índice Nikkei, é o índice bolsista máis popular do mercado xaponés.

Características editar

Compóñeno os 225 valores máis líquidos que cotizan na Bolsa de Toquio (TSE). Desde 1971, calcúlao o xornal Ninhon Kei zai Shinbun, (Diario Xaponés dos Negocios), das súas iniciais provén o nome do índice.

Estes valores caracterízanse pola súa elevada liquidez. Ten a súa base 100 o 16 de maio de 1949. Alcanzou un máximo de 38957,44 o 29 de decembro de 1989.

Os valores do índice Nikkei ponderan por prezos e non por capitalización, aínda que este cálculo difire dunha media simple xa que o divisor é axustado.

A lista dos seus compoñentes é revisada anualmente e os cambios fanse efectivos a principios de outubro, aínda que poden introducirse en casos excepcionais, cambios noutras datas.

Historia editar

O Nikkei publicouse por primeira vez o 16 de maio de 1949.

Composición editar

O índice Nikkei 225 está composto polas 225 maiores empresas seleccionadas dos 450 valores máis líquidos do Primeiro Mercado (First Section) da Bolsa de Toquio (TSE), e a lista renóvase cada ano.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar