Nicolao II, nado cara ao ano 990 e finado en Florencia o 27 de xullo de 1061 foi o papa n.º 155 da Igrexa católica de 1059 a 1061.

Infotaula de personaNicolao II, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Nicolaus PP. II Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 990 Editar o valor em Wikidata
Château de Chevron (Reino de Arles) Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1061 Editar o valor em Wikidata (61/71 anos)
Florencia (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMalaria Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSanta María del Fiore Editar o valor em Wikidata
155º Papa
30 de xaneiro de 1059 – 27 de xullo de 1061 (Gregoriano)
← Estevo XAlexandre II →
Roman Catholic Bishop of Florence (en) Traducir
xaneiro de 1045 – – Giulio (pt) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Arles (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , escritor , bispo católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Nicolao II

Biografía editar

Do papa Nicolao II, non coñecemos máis que o seu nome: Gérard, Gérald, Gherard, Gerardus, Giroldus ou Gerhard de Borgoña. Puidera que nacera entre 990 e 995, en Chevron, antiga cidade da rexión histórica de Savoia, e sería da familia dos Chevron Villette. Os antigos textos desígnano como Allobrox, Allobroge, natione Burgondio, sive Sabaudiensis (nación Borgoñoa ou savoiana); foi chamado tamén Gérard de Borgoña e mesmo Gerald de Lorraine.

Pontificado editar

No marco do que os historiadores chamaron a posteriori a reforma gregoriana, prohibe aos clérigos recibir unha igrexa das mans dun laico e obter cargas eclesiásticas con diñeiro (simonía). Tamén prohibe o nomeamento dos bispos sen a autorización papal. Ordenou a excomuñón dos sacerdotes casados que non repudiaran as súas esposas e prohibiu aos laicos participar en misas celebradas por eles.

Sínodo de Melfi editar

Baixo a influencia do frade Hildebrand, o futuro papa Gregorio VII, promulgou o 13 de abril de 1060, o decreto que poñía a elección do papa en só as mans do colexio dos cardeais, confirmando o sínodo de Melfi. Non obstante, o emperador gardaba o dereito de confirmar o candidato para o asento pontifical.

No ano 1059 convoca o sínodo de Melfi (no sur de Italia) que reúne os bispos italianos e determina a elección do Papa que será elixido de agora en diante polos cardeais. O resultado dese sínodo será confirmado polo decreto do 13 de abril de 1060. O papa Nicolao II foi a Italia do sur e recibiu os xuramentos de fidelidade dos príncipes normandos Ricardo I de Aversa e Robert Guiscard, a cambio da súa investidura e da súa fidelidade. O papa contaba co apoio normando para contrapesar a potencia do Imperio.

Primeiro Concilio de Latrán editar

No ano 1060, convocou o I Concilio de Latrán en Roma, e renovou a prohibición feita aos belixerantes de atacar os viaxeiros, os clérigos, os frades e os pobres.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.