Nick Clegg
Nicholas William Peter Clegg, máis coñecido como Nick Clegg, nado o 7 de xaneiro de 1967 en Chalfont St Giles (Inglaterra), é un consultor e antigo político británico.
Traxectoria editar
Deputado no parlamento británico por unha circunscrición de Sheffield, no ano 2007 foi escollido líder do Partido Liberal Demócrata. Nas eleccións ao parlamento británico de 2010 o seu partido aumentou amplamente os votos e os escanos, e entrou nun goberno de coalición co Partido Conservador, presidido por David Cameron. Desde o 11 de maio de 2010 ocupou o cargo de viceprimeiro ministro do Reino Unido, posición que retivo toda a lexislatura. Nas eleccións de maio de 2015 o seu partido sufriu unha importante derrota e dimitiu do cargo de líder dos liberaldemócratas. Nas eleccións anticipadas de 2017 foi ademais derrotado na súa circunscrición de Sheffield e abandonou a política.
Vida persoal editar
Está casado con Miriam González Durántez, unha avogada de Valladolid.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |