Nicho (arquitectura)

concavidade nun muro ou parede para colocar unha imaxe

En arquitectura chámase nicho ou fornela ao oco de planta semicircular aberto nun muro para colocar nel unha urna ou estatua. Colócase orientada tanto ao exterior como ao interior dos edificios e cumpre unha función principalmente ornamental.

Nicho exterior da igrexa de Santa María de Portor, Negreira.

O nicho leva xeralmente na parte superior unha especie de pendente ou cuncha (semibóveda) que tamén se chama de vieira cando efectivamente presenta a forma dunha cuncha mariña.