Nevo[1] (plural nevos, do latín nævus, plural nevi) é o termo médico que describe unha lesión na pel popularmente coñecida como mancha, pinta ou sinal.

Un nevo localizado no brazo

En latín, o termo nævus significa marca de nacenza. No entanto, en Dermatoloxía, o termo nevo é usado tanto para manchas conxénitas (observadas no momento do nacemento) canto para manchas adquiridas (observadas após o nacemento).

Os nevos son sempre benignos. Non obstante, cerca de 1/3 dos melanomas (un tipo de cancro de pel) son orixinarios dun nevo preexistente.[2]

Clasificación editar

Nevos melanocíticos editar

É común usar o termo nevo como sinónimo de nevo melanocítico que é formado por melanocitos.[3]

  • Nevo melanocítico conxénito: é o nevo melanocítico presente no nacemento ou as primeiras semanas após o nacemento.
  • Nevo melanocítico adquirido: é o nevo melanocítico xorde após algúns meses de vida.
  • Nevo displástico: é o nevo melanocítico adquirido que posúe formacións anormais semellantes ás encontradas no melanoma.
 
Nevo melanocítico

Nevos vasculares editar

Notas editar

  1. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2021-01-25. [Ligazón morta]
  2. Sam, Amir H. (2010). Rapid Medicine. ISBN 1405183233. 
  3. Schofield, Jill R. (2000). What you really need to know about moles and melanoma. ISBN 9780801863943. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar