Nevill Francis Mott

Nevill Francis Mott, nado en Leeds o 30 de setembro de 1905 e finado en Milton Keynes o 8 de agosto de 1996, foi un físico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1977.

Nevill Francis Mott
Datos persoais
Nacemento30 de setembro de 1905
LugarLeeds
Falecemento8 de agosto de 1996
LugarMilton Keynes
NacionalidadeReino Unido
Actividade
Campofísico e profesor universitario
Alma máterClifton College, St John's College, Giggleswick School e Universidade de Cambridge
Director de teseRalph H. Fowler
PremiosMedalla Copley, Medalla Real, Premio Nobel de Física, Three Physicists Prize, Medalha Hughes, Medalha Faraday, Bakerian Lecture, Guthrie Lecture, Honorary doctor of the University of Ottawa, Knight Bachelor, Companion of Honour, membro da Royal Society e Royal Society Bakerian Medal
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Creceu en Giggleswick, na área do West Riding de Yorkshire, onde o seu pai era Profesor Sénior de Ciencias na escola local. En xeral, a súa nenez foi secular. Debido aos traballos do pai, a familia mudouse a Staffodshire, despois a Chester e finalmente a Liverpool, onde o seu pai fora nomeado Director de Educación. Ao principio, Mott foi educado na casa pola súa nai, que era licenciada en Matemáticas na Universidade de Cambridge. Os seus pais coñecéronse no Laboratorio Cavendish mentres ambos facían investigacións de Física.

Aos dez anos empezou a súa educación formal no Clifton College de Bristol; máis tarde estudou no "St John's College" da Universidade de Cambridge.

Iniciou a súa tarefa docente na Universidade de Manchester, posteriormente pasou por Cambridge en 1930 como conferenciante da "Escola Gonville e Caius" e finalmente rematou en Bristol como profesor de física teórica. En 1954 ingresou no Laboratorio Cavendish da Universidade de Cambridge, onde estaría ata 1971.

En 1936 foi nobrado membro da Royal Society, e en 1962 a raíña Isabel II concedeulle o título de cabaleiro do Imperio Británico (sir). Na década de 1960 foi nomeado presidente do grupo británico presente nas Conferencias Pugwash de Ciencia e Asuntos Mundiais.

Investigacións científicas editar

Mott iniciou as súas investigacións científicas en Cambridge baixo as ordes de R. H. Fowler, para posteriormente ampliar os seus coñecementos en Copenhaguen (Dinamarca) baixo a dirección de Niels Bohr e finalmente en Göttingen (Alemaña) á beira de Max Born.

Inicialmente centrouse en explicar teoricamente o efecto da luz nunha emulsión fotográfica e contornar a transición de substancias metálicas aos estados non-metálicos, o que se coñece como a transición de Mott.

En 1965 iniciou as súas investigacións sobre o ferromagnetismo e a supercondutividade, investigacións polas cales foi galardoado en 1977 co Premio Nobel de Física xunto a Philip Warren Anderson e a John Hasbrouck van Vleck.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar