Un neno prodixio é alguén que a unha idade prematura domina un ou máis campos científicos ou artísticos emprendidos xeralmente por adultos. Por prematura adoita considerarse antes dos 10 anos de idade. Algúns dos campos máis comúns dos nenos prodixios son as matemáticas, o xadrez, as artes visuais e a música, aínda que poden desenvolverse tamén en moitas outras áreas.

Mozart foi un neno prodixio destacando na música.

No alemán e inglés utilízase ás veces o termo wunderkind (de wunder, «milagre» e kind, «neno») coma sinónimo de neno prodixio, aínda que se desaconsella o seu uso na literatura científica. Wunderkind tamén é usado máis xeralmente en adultos que alcanzan o éxito e a fama ó comezo das súas carreiras profesionais, coma nos casos de Steven Spielberg e Steve Jobs.

En España existe a Asociación Española para Superdotados y con Talento, lugar de concentración de persoas cun coeficiente intelectual máis alto do común, onde se realizan unha serie de actividades entre as que está a divulgación da existencia e encontro destas persoas sen igual.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.