Nennio ou Nemnivo (Nennius ou Nemnivus, en latín) é o nome de dous personaxes, parcialmente lendarios, asociados coa historia de Gales. O mellor coñecido dos dous é Nennio, o estudante de Elvodugo (Elvodugus). Elvodugo é comunmente identificado co bispo Elfodd de Gwynedd, quen convenceu o resto da rexión de Gales do Cristianismo celta de celebrar Pascua na mesma data que os outros católicos en Gran Bretaña en 768 e é, máis tarde, dado por falecido en 809, polos Annales Cambriae. Sostense tradicionalmente que este Nennio viviu a inicios do século IX e é identificado nun grupo de manuscritos da Historia Brittonum como o autor deste traballo. Porén, os estudos do profesor David N. Dumville sobre este texto mostraron que os manuscritos que sindicaban esta autoría viñan dun exemplar datado a fins do século XI, moito despois de que os exemplares das outras versións deste manuscrito, ademais de douscentos anos despois de cando se supón viviu Nennio.[1] A pesar diso, varios historiadores aínda lle refiren a Nennio como o autor ben do texto orixinal da Historia Brittonum, ben desta versión específica.

Infotaula de personaNennio
Nome orixinal(fr) Nennius Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Morteséculo IX Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxe , historiador , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IX Editar o valor em Wikidata)
LinguaInglés antigo, Lingua galesa antiga e latín medieval Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

WikiTree: Unknown-608136

O outro Nemnivo ou Nennio é mencionado nun manuscrito galés do século IX. Dise que este Nennivo inventou un alfabeto que sería preservado neste manuscrito e, segundo Nora Kershaw Chadwick, se deriva do alfabeto rúnico do inglés antigo: «De feito, os nomes asignados a algunhas das súas cartas parecen mostrar evidencia dun coñecemento real dos nomes saxóns».[2]

Algúns conclúen que estas dúas figuras son o mesmo individuo. Outros argumentan que tal conclusión non está garantida, xa que se podería soster que Nennio, o estudante de Elvodugo, é un personaxe ficticio e xa que a historia de Gales e Bretaña sobre este período en cuestión está bastante incompleta.

Notas editar

  1. David N. Dumville, "Nennius and the Historia Brittonum", Studia Celtica, 10/11 (1975/6), 78-95
  2. Chadwick, Nora K. "Early Culture and Learning in North Wales", Studies in the Early British Church (1958).

Ligazóns externas editar