Nendo
Nendo (ou máis exactamente Nendö) é a maior e máis importante das Illas Santa Cruz, en Temotu, provincia das Illas Salomón. A illa tamén é coñecida polos nomes de Santa Cruz, Ndeni, Nitendi ou Ndende. O nome de Santa Cruz foille dado polo explorador español Álvaro de Mendaña quen na súa segunda viaxe ás Salomón en 1595 intentou fundar unha colonia nestas illas. Mais Mendaña fracasou na súa empresa e morreu na mesma illa de Nendö.
Nendo | |
---|---|
Santa Cruz | |
Nendo desde o espazo | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Illas Salomón |
Provincia | Temotu |
Arquipélago | Illas Santa Cruz |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 10°25′12″S 165°30′00″L / -10.42000, -165.50000 |
Xeografía | |
Superficie | 519 km² |
Longura máxima | 40 km. |
Largura máxima | 22 km. |
Punto máis alto | 549 m. |
Demografía | |
Capital | Lata |
Poboación | 9.008 hab. (2009) |
Densidade | 17 hab./km² |
Xeografía editar
A illa localízase a 10°25'12" Sur de latitude e 165°30' Leste de lonxitud. Ten 40 km de longo e 22 km de largo, ocupando unha superficie de 505,5 km². A súa superficie é de 505´5 km². O punto máis elevado da illa ten unha altitude de 549 metros sobre o nivel do mar.
A tan só un quilómetro de distancia atópanse as pequenas illas de Malo ou Tömotu Neo ao noroeste e Nibanga ou Tömotu Noi ao sueste.
Lata, que se atopa na parte noroeste da illa, é a principal cidade e a capital provincial.
Poboación e idiomas editar
A poboación no 2007 rondaba os 5.000 individuos, e etnicamente divídense en melanesios e papúas orientais. A maioría dos indíxenas son falantes do Natügu, pero tamén hai uns 200 falantes do Nanggu (ambas membros da familia Linguas Reef - Santa Cruz). Falantes doutras linguas da provincia de Temotu tamén están presentes, por exemplo, as outras linguas Reef - Santa Cruz o Äiwoo, a lingua das Illas Periféricas Polinesias e a Vaeakau-Taumako.
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nendo |
Bibliografía editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- A Nendo folktale collected and translated by Robert Viking O'Brien from Marvels & Tales: Journal of Fairy-Tale Studies
- Google Maps