Nemanja Nedović

baloncestista serbio

Nemanja Nedović, nado o 16 de xuño de 1991 en Nova Varoš, localidade situada na actual Serbia, é un xogador serbio de baloncesto profesional que xoga no KK Crvena zvezda serbio.

Nemanja Nedović
Crvena zvezda mts  – No. 33
Información persoal
Nacemento 16 de xuño de 1991 (32 anos)
Iugoslavia Nova Varoš, Iugoslavia
Nacionalidade Eslovenia Eslovenia
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 87 kg (192 lb)
Posición Base / Escolta
Liga KLS / ABA Liga
Información da carreira
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 30
Por Phoenix Suns
Carreira 2008−presente
Historial de equipos
KK Crvena zvezda (2008–2012)
Lietuvos Rytas (2012–2013)
Golden State Warriors (2013–2014)
Santa Cruz Warriors (2013–2014)
Valencia Basket (2014–2015)
Unicaja Málaga (2015–2018)
Olimpia Milano (2018–2020)
Panathinaikos (2020–2022)
Crvena zvezda mts (2022−presente)

Traxectoria editar

Europa editar

Nedović comezou adestrando co Ascoli italiano cando tiña 11 anos, xa que o seu pai xogaba ó balonmán nun equipo desa cidade. Despois diso, adestrou dous anos en Nova Varoš, a súa cidade natal. No ano 2005, con tan só 15 anos, fichou polo Estrela Vermella de Belgrado, onde se converteu en campión co seu equipo xuvenil.

Máis tarde foi ascendido ó primeiro equipo, onde debutou de forma profesional. Xogou no Estrela Vermella ata xuño de 2012, cando fichou polo BC Lietuvos Rytas lituano.[1] Alí debutou na Euroliga, onde fixo 9.8 puntos, 2.5 rebotes e 2.1 asistencias por partido.

NBA editar

O 27 de xuño de 2013, Nedović foi elixido na 30ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Phoenix Suns, quen o traspasaron ós Golden State Warriors. Asinou cos Warriors o 9 de xullo de 2013.[2] Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado varias veces ós Santa Cruz Warriors, afiliado de Golden State na NBA Development League.

Volta a Europa editar

O 14 de novembro de 2014, Nedović asinou un contrato de dous anos co Valencia Basket da Liga ACB.[3] En cinco partidos xogados na Euroliga co Valencia, acadou 8 puntos e 3.6 asistencias por encontro. O 2 de xullo de 2015, Nedović e o Valencia romperon a súa vinculación.[4]

No mesmo día que deixaba o Valencia, Nedović asinou un contrato dun ano co Unicaja Málaga.[5]

O 13 de xullo de 2020, Nedović asinou co Panathinaikos BC da A1 Ethniki e da Euroliga.[6] O 6 de xullo de 2021, Nedović renovou o seu contrato co Panathinaikos por dúas tempadas máis.[7]

Notas editar

  1. "Lietuvos Rytas inks Nedovic". Euroleague. Consultado o 4 de agosto de 2012. 
  2. Golden State Warriors Sign Nemanja Nedovic to Contract
  3. "Valencia, Nedovic agree until June of 2016". Euroleague.net. 14 de novembro de 2014. Consultado o 14 de novembro de 2014. 
  4. "Nemanja Nedovic, Valencia Basket part ways". sportando.com. 2 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 2 de xullo de 2015. 
  5. "Nedovic, segunda incorporación del Unicaja". unicajabaloncesto.com. 2 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 2 de xullo de 2015. 
  6. "Nemanja Nedovic is a newcomer of Panathinaikos". Sportando. 13 de xullo de 2020. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  7. "Nemanja Nedovic seguirá en el Panathinaikos". Eurohoops. 6 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar