Negros é unha illa filipina pertencente ás Visayas, situada ao noroeste de Mindanao, é a cuarta illa máis grande do país, cunha superficie de 13.309´60 km²,[1] e a súa máxima altura é o volcán Canlaón, de 2.460 metros. As principais cidades son Bacolod e Dumaguete. Está percorrida polos ríos Binalbagan, Ilog, Tolong e Tanjay.Negros é unha das moitas illas que compoñen as Visayas, que forma a división central da nación.

Negros
Buglas
Localización da illa
Situación
País Filipinas
ArquipélagoIllas Visayas
Coordenadas10°3′N 123°0′L / 10.050, -123.000
Xeografía
Superficie13.309´60 km²
Punto máis alto2.465 m. Canlaón
Demografía
CapitalBacolod (pob. 561.875)
Poboación4.414.131 (2015)
Densidade331´7 hab./km²
Lingua propiaHiligaynon, Cebuano, Filipino, Inglés

A illa basea a súa economía no sector primario: aquí prodúcese a metade do azucre do país, así como arroz, cocos, bananas, papayas, mangas... Extráese cobre e xeso.

Como rexión de Filipinas, oficialmente chámase Rexión da Illa de Negros (hiligaynon: Rehiyon sang Pulo sang Negros; cebuano: Rehiyon sa Pulo sa Negros; filipino: Rehiyon ng Pulo ng Negros), tamén coñecida oficialmente coa abreviatura "NIR" (non oficialmente "Rexión XVIII"), a 18ª e máis recente rexión de Filipinas, que comprende as cidades de Negros Occidental e Negros Oriental xunto coas súas illas e illotes periféricos correspondentes dentro dunha área rexional total de 13.350´74 km².[2][3]

Foi creada o 29 de maio de 2015 en virtude da "Orde Executiva Nº. 183" emitida por Benigno Aquino III, que era o Presidente da República de Filipinas nese momento.[4][5] Os habitantes predominantes da rexión da illa chámanse localmente Negrosanons. en 2015, a poboación total da Rexión da Illa Negros era de 4.414.131 habitantes, o que a converte na cuarta rexión máis poboada das Visayas.

Historia editar

Época precolonial editar

Negros orixinalmente chamábase "Buglas", unha antiga palabra Hiligainón que se cre que significa "cortada", xa que se cre que a illa foi separada dunha masa de terra máis grande por augas en ascenso durante a última glaciación. Entre os seus primeiros habitantes atopábase o pobo Ati, un dos pobos indíxenas, un de varios pobos indíxenas de pel negra, dispersos por todo o sueste de Asia e que posúe unha cultura única. As partes máis occidentais da illa pronto caeron baixo a dominio do Kedatuan de Madja-as das illas veciñas de Panay e Guimaras.

Colonización española editar

Ao chegar á illa en abril de 1565, os colonizadores españois chamaron á terra Negros, logo de observar aos nativos de pel escura. Dous dos asentamentos nativos máis temperáns, Binalbagan e Ilog, convertéronse en cidades en 1573 e 1584, respectivamente, outros asentamentos do período incluíron Hinigaran, Bago, Marayo (agora Pontevedra), Mamalan (agora Himamaylan), e Candaguit (agora o sitio de San Enrique). En 1572, o rei Filipe II de España conferiu o título de Marqués de Buglas aos herdeiros de Juan Sebastián Elcano, o primeiro mariño en circunnavegar o mundo. O Marques actual é o 17º en liña, e reside en Silay, Negros Occidental.

Logo de nomear encomenderos na illa, Miguel López de Legazpi colocou a Negros baixo a xurisdición do gobernador de Oton, en Panay. En 1734, con todo, a illa converteuse nunha rexión militar con Ilog como a súa primeira capital. A sede do goberno foi transferida máis adiante a Himamaylan ata que Bacolod converteuse na capital en 1849. En 1865, Negros e as súas illas menores periféricas xunto con Siquijor converteuse nunha provincia político militar.

En 1890, a illa foi oficialmente dividida nas provincias actuais de Negros Occidental e Negros Oriental. O gobernador español, D. Isidro Castro e Cinceros, rendeuse aos revolucionarios, dirixidos por Aniceto Lacson e Juan Araneta, o 6 de novembro de 1898.[6]:520 O Xeneral Miller nomeou a Aniceto, Gobernador da Illa en marzo de 1899.[6]:520 O 9 de abril de 1901, a Segunda Comisión Filipina baixo a presidencia de William H. Taft chegou a Dumaguete. asSemanas máis tarde, o 1 de maio, estableceuse o goberno civil baixo soberanía americana, e o 28 de agosto, o Dr. David S. Hibbard fundou o que agora é a Universidade Silliman, coa axuda de Melitón Larena como o primeiro alcalde de Dumaguete, así como Demetrio Larena.

Negros Revolución e formación da República de Negros editar

 
Bandeira da curta vida da República Negros

Do 3 ao 6 de novembro de 1898, o pobode Negros rebelouse contra o goberno colonial español encabezado polo gobernador político-militar, o coronel Isidro de Castro. Os españois decidiron renderse ao ver ás tropas armadas marchar nun movemento de pinza cara a Bacolod. Os revolucionarios, dirixidos polo xeneral Juan Araneta desde Bago City e o xeneral Aniceto Lacson desde Talisay, levaban armas falsas que consistían de rifles tallados en follas de palma e canóns de alfombras de bambú enrrolladas e pintadas de negro. Na tarde do 6 de novembro, o coronel de Castro asinou a acta de Capitulación, poñendo así fin a séculos de dominio colonial español en Negros Occidental.

En memoria deste acontecemento, cada 5 de novembro é día festivo na provincia.

O 27 de novembro de 1898, a República de Negros declarou unilateralmente a súa independencia, pero tivo unha curta duración e o territorio converteuse nun protectorado dos Estados Unidos o 30 de abril de 1899. O 22 de xullo de 1899, o estado declarouse de novo como República de Negros, e eventualmente disolto polos Estados Unidos e anexado polo Goberno militar dos Estados Unidos das Illas Filipinas o 30 de abril de 1901.

Os líderes da curta república foron:[7]

  • Aniceto Lacson, 5 de novembro de 1898 - 22 de xullo de 1899 (ao 27 de novembro de 1898, en Negros Occidental)
  • Demetrio Larena, 24 de novembro de 1898 - 27 de novembro de 1898 (en Negros Oriental)
  • Presidente da Asemblea Constituínte José Luzuriaga, 22 de xullo de 1899 - 6 de novembro de 1899
  • Secretario de Guerra Juan Araneta
  • Gobernador Civil Melecio Severino, 6 de novembro de 1899 - 30 de abril de 1901
  • Secretario de Xustiza Antonio Ledesma Jayme, 24 de xullo de 1854 - 9 de outubro de 1937

Formación de rexións editar

As rexións formáronse por primeira vez o 24 de setembro de 1972, cando as provincias de Filipinas foron organizadas en 11 rexións diferentes polo Decreto Presidencial Nº. 1 como parte do Plan Integral de Reorganización do Presidente Ferdinand Marcos. Negros Occidental foi asignado as Visayas occidentais (Rexión VI) e Negros Oriental foi asignado as Visayas centrais (Rexión VII).

Establecemento editar

 
Primeira páxina da Orden Executiva 183 creando Negros Island Region

O 29 de maio de 2015, o Presidente Aquino asinou a "Orde Executiva 183",[8] unindo as dúas provincias de Negros nunha rexión, a rexión da illa de Negros. Separou Negros Occidental e a súa capital Bacolod City de Visayas Occidental (Rexión VI) e Negros Oriental de Visayas Central (Rexión VII), facendo un total de 18 rexións en Filipinas.

Notas editar

  1. "2010 Philippine Yearbook" (PDF) (23rd ed.). Manila, Philippines: National Statistics Office. ISSN 0116-1520. Consultado o 2015-12-14. 
  2. Bueza, Michael (5 de xuño de 2015). "FAST FACTS: The Negros Island Region". Rappler. Consultado o 21 de xuño de 2015. 
  3. Bustillo, Roy (20 de xuño de 2015). "Negros Island Region is now Region XVIII". CNN Philippines. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2015. 
  4. "Aquino OKs creation of Negros Island Region". Philippine Daily Inquirer. 5 de xuño de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2015. 
  5. "PNoy joins 2 Negros provinces into one region". ABS-CBNnews.com. 5 de xuño de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2015. 
  6. 6,0 6,1 Foreman, J., 1906, The Philippine Islands, A Political, Geographical, Ethnographical, Social and Commercial History of the Philippine Archipelago, New York: Charles Scribner's Sons
  7. "World Statesmen - Philippines - Republic of Negros". Consultado o 18 de maio de 2017. 
  8. "Executive Order No. 183, s. 2015". Official Gazette. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.