Negra

figura musical que equivale a 1/4 do valor da redonda

Negra é o nome da nota musical cuxa duración é de 1/4 dunha redonda ou metade dunha branca.

Dúas negras (abaixo e encima da terceira liña) e a súa pausa correspondente

En fórmulas de compás en que o denominador é un 4 (como 2/4, 4/4, 3/4), a negra é a unidade de tempo.

A negra represéntase por un círculo preenchido con hasta. Cando a nota se escribe até a terceira liña da partitura a hasta fica á dereita da nota e virada para enriba. Cando a nota está encima da terceira liña, a hasta fica á esquerda da nota e virada para baixo. A pausa con duración de negra é unha liña ondulada que algúns describen como un z unido a un c.