A Nebulosa do Cono é unha rexión H II da constelación de Monoceros. Foi descuberta por William Herschel o 26 de decembro de 1785, momento na que a designou coma H V.27 . A nebulosa está situada a uns 830 parsecs ou 2.700 anos luz de distancia respecto da Terra. A Nebulosa do Cono forma parte da nebulosidade ó redor do Cúmulo Árbore de Nadal. A designación de NGC 2264 no New General Catalogue refírese a obxectos e non a nebulosa por separado.

Nebulosa do Cono
Tomada polo Telescopio Espacial Hubble o 2 de abril do 2002.
Datos para a observación
Época= X2000,0
Tipo de obxecto Nebulosa difusa + Nebulosa escura
Ascensión recta 06h 41m 06s[1]
Declinación +09° 53′[1]
Distancia 2.700 al[2]
Magnitude aparente -
Dimensións aparentes 10 arcmins[1]
Constelación de Monoceros
Características físicas
Radio 4 al[3]
Magnitude absoluta ?

A difusa Nebulosa do Cono, chamada así pola súa forma cónica, atópase na parte sur de NGC 2264, a parte norte vén sendo a magnitude -3,9 do Cúmulo Árbore de Nadal. Á súa vez o conxunto está situado na parte norte de Monoceros, xusto ó norte do punto medio dunha liña imaxinaria entre Procyon e Betelgeuse.

A forma do cono vén dunha nebulosa de absorción escura que está composta hidróxeno molecular frío e po en fronte dunha apagada nebulosa de emisión que contén hidróxeno ionizado por S Monocerotis, a estrela máis brillante de NGC 2264. Esta nebulosa débil (cun tamaño aparente de 10 minutos de arco) está separada uns sete anos luz respecto da nebulosa escura, e o conxunto de ambas está a 2.700 anos luz de distancia da Terra.

A nebulosa é parte dun complexo moito máis grande de formación de estrelas -o Telescopio Espacial Hubble foi usado para capturar imaxes das estrelas en formación en 1997.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Students for the Exploration and Development of Space (ed.). "SEDS information on NGC2264". Arquivado dende o orixinal o 12-03-2009. Consultado o 27-03-2009. 
  2. NASA (ed.). "Astronomy Picture of the Day". Consultado o 27-03-2009. 
  3. 2.700 × sin( 10′ / 2 ) = 3-4 al. radio

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar