Nea Kameni
Néa Kaméni, en grego Νέα Καμένη, é unha pequena illa volcánica deshabitada de Grecia situada no mar Exeo, no centro da caldeira inundada de Santorini. Constitúe a parte activa do volcán que deu nacemento ás illas actuais do arquipélago de Santorini.
Nea Kameni | |
---|---|
Νέα Καμένη | |
Vista da illa desde Santorini | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Exeo Meridional |
Arquipélago | Cícladas |
Mar | Mar Exeo |
Coordenadas | 36°24′N 25°24′L / 36.400, -25.400Coordenadas: 36°24′N 25°24′L / 36.400, -25.400 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 3´338 km² |
Longura máxima | 2 km. |
Largura máxima | 2 km. |
Punto máis alto | 127 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Nea Kameni e o veciño illote de Palea (ou Palia) Kameni (a nova e vella illas queimadas) formáronse nos últimos dous milenios polas repetidas erupcións de lava dacita e cinzas. O historiador romano Cassius Dio rexistrou no ano 47 dC "Este ano, un pequeno illote, ata agora descoñecido, apareceu preto da illa de Thera (Santorini)."[1] as principais erupcións nos últimos 300 anos tiveron lugar en 1707-1712, 1866-1870 (fusionouse co illote de Mikri Kaméni), 1925-1928, e 1939-1941. A última erupción, pequena, sucedeu en 1950 e involucrou a extrusión da cúpula de lava.[2]
Nea Kameni é case redonda e ten unha diámetro de aproximadamente 2 quilómetros e unha superficie de 3´4 km². Nea Kameni é monitoreada de cerca polos científicos do Instituto para o Estudo e Seguimiento do volcán de Santorini (ISMOSAV)[3] e é un sitio científico protexido. A illa ten moitas chemineas activas de xofre, así como unha alfombra de herbas vermellas suculentas no delgado chan no verán.
A illa, case estéril, é visitada diariamente por decenas de embarcacións de turistas durante todo o verán. Os visitantes soben un camiño de grava para chegar á cima dos 130 metros de altura do cráter, onde é posible completar un circuíto completo da coroa.
Galería editar
Referencias editar
- ↑ Dio's Roman History, Epitome of Book LXI.7.
- ↑ "Global Volcanism Program | Santorini | Eruptive History". Volcano.si.edu. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2021. Consultado o 2012-03-04.
- ↑ Institute for the Study and Monitoring of the Santorini Volcano Arquivado 13 de abril de 2009 en Wayback Machine. Retrieved 2009-05-17
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Nea Kameni Virtual Tour, Tour virtual panorámico de 360º ao volcán en alta resolución
- Mapa xéoloxico e histórico das Kamenes
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nea Kameni |