Este artigo trata sobre a vila de Portugal, para a vila de Israel véxase Nazaret, para a belga véxase Nazareth.

Modelo:Xeografía políticaNazaré
Imaxe

Localización
Mapa
 39°36′N 9°04′O / 39.6, -9.07Coordenadas: 39°36′N 9°04′O / 39.6, -9.07
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Leiria Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación15.158 (2011) Editar o valor em Wikidata (183,89 hab./km²)
Xeografía
Superficie82,43 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal2450 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-nazare.pt Editar o valor em Wikidata

A Nazaré é unha vila portuguesa, pertencente ao distrito de Leiria, con cerca de 10.300 habitantes.

Localización editar

O actual espazo urbano da vila aglutina tres antigos poboados, Pederneira, Sítio da Nazaré e Praia da Nazaré e novos barrios da segunda metade do século XX, como a Urbisol ou o Rio Novo, xurdidos a consecuencia da expansión natural dos tres núcleos primitivos.

A vila é sede dun pequeno municipio con 80,49 km² de área e 15 158 habitantes (2011), subdividido en 3 freguesías, Nazaré, Valado dos Frades e Famalicão. O municipio é rodeado a norte, leste e sur polo concello de Alcobaça e a oeste confina co océano Atlántico.

Historia editar

 
Igrexa de Nosa Señora da Nazaré.

Os primeiros asentamentos eran inmediatamente sobre zonas costeiras agrupados nos núcleos de Pederneira e Sitio. As poboacións tiveron que se defender de ataques piratas que foron frecuentes ata o século XIX. Sobre as orixes existe a lenda da Nazaré á que fan referencia varios textos históricos.

O municipio, e a freguesía de Nazaré designáranse Pederneira até 1912, ano en que, por lei, o topónimo foi alterado para Nazaré. O antigo concello da Pederneira tivo foro, en 1514, dado por Don Manuel I, e estivo integrado nos coutos de Alcobaça.

A Pederneira, actualmente un dos barrios da vila da Nazaré, mantén aínda o edificio dos antigos pazos do Concello, o pelouriño, a igrexa Matriz da nosa Señora das Areas e a igrexa da Misericordia, como testemuños da súa antiga condición de vila sede de concello.

 
Vista nocturna do Sítio da Nazaré.

Turismo editar

O atractivo turístico de Nazaré residía antigamente na tipoloxía de vila tradicional mariñeira e nas súas fermosas e grandes praias aínda que actualmente este turismo fixo mudar o urbanismo e sociedade mariñeira da vila. O turismo ten unha grande importancia na economía da vila consolidándose como destino preferente de turismo.

O topónimo Nazaré está intrinsecamente ligado á Lenda da Nazaré.

As freguesías do concello da Nazaré son as seguintes:

  • Famalicão
  • Nazaré
  • Valado dos Frades

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar