Nauplio (bioloxía)

A larva nauplio (tamén chamada nauplius) é a primeira larva característica dos crustáceos.

Larva nauplio dun decápodo.

Etimoloxía editar

No nome nauplio foille aplicado a este tipo de larvas por Claus en 1858,[1] en referencia a Nauplio, fillo do deus Poseidón e de Amimone, filla de Dánao e que, segundo a mitoloxía grega foi o fundador da cidade de Nauplia,[2] aínda que algúnas atribúenlle o feito a O. F. Müller.[3]

Morfoloxía editar

O nauplio ten forma piriforme (aproximadamente, "de pera"),[1] e presenta só tres pares de apéndices cefálicos: anténulas, antenas e mandíbulas, cos que nada. O primeiro sempre é unirrámeo, e os outros, en xeral, birrámeos, podendo presentar na base enditos.

Un ocelo mediano, ou ollo nauplius, e un labro que oculta a boca, completan a súa descrición anatómica.

Partes do corpo editar

No corpo dun nauplius distínguense:

O tórax e o abdome aínda non se desevolveron.

Bioloxía editar

Este tipo de larva pode desenvolverse dentro do ovo o ser de vida libre. Cando é de vida libre, pode, ou non, alimentarse, sendo habitual que pase este estado reabsorbendo substancias de reserva (sen alimentación activa); de feito, en moitos casos non ten desenvolvido aínda o tubo dixestivo nin aberta a boca ao exterior.

Ao seren larvas dun crustáceo, para creceren necesitan mudas (écdise). A medida que van mudando e desenvolvéndose van incorporando segmentos entre as mandíbulas e a rexión final do corpo, o telson. A estes estados adoita denominárense metanauplius, ou tamén se poden nomear asignando números romanos detrás do termo nauplius como, por exemplo, nauplius I, nauplius IV, etc.

Usos editar

Os nauplios, ao igual que outras larvas de pequeno tamaño, utilízanse en acuicultura (piscifactorías), sendo á súa vez obxecto de cultivo (nos chamados cultivos auxiliares). Utilízanse na alimentación de peixes nas súas primeiras fases de crecemento, dado o seu alto valor en proteínas, e na doutras especies de interese comercial. Unha característica importante desta fonte de alimento é que ao encontrarse xeralmente nun ambiente salino, existe menor posibilidade de inclusión parasitaria.

Outros estadios de desenvolvemento dos crustáceos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Dawydoff, C. (1928): Traité d’embryologie comparée des invertébrés. París: Masson éd.
  2. Commelin, P. (1909): Nouvelle mythololoxíagie grecque et romaine. París: Garnier Frères éditeurs.
  3. Ulrich Lehmann (1996). Paläontologisches Wörterbuch. Stuttgart: Ferdinand Enke Verlag. p. 151. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar