Nathan's Hot Dog Eating Contest

O Nathan's Hot Dog Eating Contest (Concurso de comer hotdogs en Nathan's) é un concurso de comida celebrado no restaurante que a compañía Nathan's Famous ten en Coney Island, na cidade de Nova York. Ten carácter anual e consiste na inxestión do hot dog estadounidense estándar. Celébrase cada 4 de xullo, o Día da Independencia dos Estados Unidos de América. Celébrase dende a década de 1970 e nas últimas edicións foi retransmitido pola canle ESPN; chegou a acadar máis de 1 500 000 espectadores.[1]

Panel informativo do concurso en xullo de 2009 sobre a fachada do restaurante Nathan's en Coney Island, Nova York.

O actual campión na modalidade de homes é Matt Stonie.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar