Natalie Imbruglia

cantante e actriz australiana

Natalie Jane Imbruglia, nada o 4 de febreiro de 1975, é unha cantante e actriz australiana.

Infotaula de personaNatalie Imbruglia

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1975 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Sydney, Australia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Altura1,6 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , actriz de cinema , modelo , actriz de televisión , compositora de cancións , actriz , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Liberal de Australia Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop, pop rock e adult contemporary (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoRCA Records
Island Records Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDaniel Johns (pt) Traducir (2003–2008) Editar o valor em Wikidata
IrmánsLaura Imbruglia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webnatalieimbruglia.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0001386 Allocine: 38249 Rottentomatoes: celebrity/natalie_imbruglia Allmovie: p353069 TV.com: people/natalie-imbruglia
Facebook: natalieimbruglia Twitter: natimbruglia Instagram: natalie_imbruglia MySpace: natalieimbruglia Youtube: UCPK9noEhqWa04l2ZP59Nbtg Spotify: 0dlOr0VIysztGWvU1dpjmP iTunes: 397997 Last fm: Natalie+Imbruglia Musicbrainz: 60530915-9371-4b16-bc31-5c4456317ae0 Songkick: 66427 Discogs: 53349 Allmusic: mn0000374126 WikiTree: Imbruglia-1 Deezer: 625 Genius: Natalie-imbruglia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A segunda de catro irmáns, de pai siciliano -Messina- e nai australiana, Natalie medrou na Costa Central, ao norte de Sydney. Como Jason Donovan e Kylie Minogue, tamén participou na serie de televisión Veciños (Neighbours) antes de comezar a súa carreira de cantante.

O seu primeiro single, "Tom", lanzado en 1997, acadou o número 2 nas listas inglesas, e o seu álbum Left of the Middle vendeu seis millóns de copias. O seguinte en aparecer, en 2001, foi White Lilies Island, que vendeu máis dun millón de copias. En 1999 colaborou con Tom Jones no seu disco Reload.

Imbruglia volveu actuar en 2002 nun papel secundario na parodia de espías Johnny English, xunto con Rowan Atkinson. Casou co seu noivo, Daniel Johns, cantante de Silverchair, despois dun longo período de noivado, o 31 de decembro de 2003.

En abril de 2005, Imbruglia lanzou o seu terceiro traballo de estudio, Counting Down the Days, no Reino Unido, o cal alcanzou o número un en vendas na súa primeira semana. O primeiro single deste álbum foi "Shiver". Este converteuse no seu single máis duradeiro no Reino Unido dende o seu debut. O segundo single foi "Counting Down The Days", lanzado o 25 de xullo, que a pesar de que tivo menos éxito que "Shiver", logrou manter o interese no traballo de Imbruglia.

En 2007 a súa discográfica lanza Glorious: The Singles 97-07 para celebrar o seu décimo aniversario como cantante.

Discografía editar

Álbums editar

  • Left of the Middle (1997) #5 Reino Unido, #10 US, #1 Australia Vendas mundiais: 7.500.000 discos.
  • White Lilies Island (2001) #15 Reino Unido, #35 US, #3 Australia Vendas mundiais: 1.520.000 discos.
  • Counting Down the Days (2005) #1 Reino Unido, #12 Australia Vendas mundiais: 800.000 discos.
  • Glorious: The Singles 97-07 (2007)

Sinxelos editar

  • De Left of the Middle:
  • De White Lilies Island:
  • De Counting Down the Days:
  • De Glorious: The Singles 97-07:

Aparicións editar

  • "Troubled by the Way We Came Together" en Go O.S.T. (1999)
  • "Never Tear Us Apart" con Tom Jones en Reload (1999)
  • "Identify" en Stigmata O.S.T (1999)
  • "Cold Air" en Y tu mamá también O.S.T. (2001)
  • "Pineapple Head" en She Will Have Her Way (2005)

Versións editar

O tema "Smoke" foi versionado pola banda de rock gótico alemá Dreadful Shadows, no seu disco Apology, no ano 2000.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar