Nassau, Illas Cook

Nassau, Illas Cook
Vista da illa
Datos
Capital
País Illas Cook
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2006) 71 hab.
Superficie 0.5 km²
Densidade
Coordenadas 11°13′S 165°25′O / -11.217, -165.417
Maior Altura 9 m.
Localización
Localización

Nassau é unha das Illas Cook setentrionais. Está situada a 89 km ao sueste de Pukapuka, de quen depende administrativamente. As súas coordenadas son: 11º 13' S 165º 25' O.

A illa ten unha forma ovalada e é a única do grupo norte das Cook que non ten unha lagoa interior. A superficie total é de 1,3 km². Ten grandes plantacións de cocos e de taro que exportan a Pukapuka. A poboación total era de 72 habitantes no censo do 2001. Non dispón de aeroporto.

O nome tradicional era Te Motu-ngaongao que significa 'a illa deserta'. Foi descuberta en 1834 polo capitán norteamericano Elihu Coffin, no baleeiro Mary Mitchell. O ano seguinte foi visitada polo baleeiro estadounidense Nassau, e despois polo Newport. Coñeceuse tamén cos nomes de Mitchell Island e Newport Island.

A illa foi explotada, ata o 1945, por unha compañía europea que plantou cocos. O goberno das Cook adquiriu a illa e en 1951, foi adquirida polos habitantes de Pukapuka.