A narratoloxía é a disciplina da crítica literaria que se ocupa do estudo interno da narrativa en sentido sincrónico e paradigmático, é dicir, tomando os textos como entidades estruturais observables mediante un aparello teorético que permite a análise en atención ós principios (universais) que rexen a construción dun texto. Os narratólogos ocúpanse con temas como a caracterización, o tempo narrativo vs. tempo narrado, a trama ou argumento, os narradores-focalizadores vs. narratarios-focalizarios, o espazo, niveis narrativos etc. A disciplina desenvolveuse sobre todo dende os traballos de Gérard Genette e Mieke Bal, que traballaron na creación dunha terminoloxía adecuada para o tratamento de textos literarios, narracións fílmicas, cómics... No campo da aplicación da narratoloxía ós textos antigos cabe destacar o trabajo de I. de Jong, R. Nünlist ou F. Létoublon.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.