Narrador testemuña

O narrador testemuña é unha técnica narrativa que aparece naqueles relatos que teñen unha focalización externa. A focalización externa é unha perspectiva que se adopta na narración dos feitos e que se dá cando todo o que conta o narrador é visto dende fóra, polo que encontramos unha ausencia de coñecemento do pensamento dos personaxes e do que ocorreu no pasado ou acontecerá no futuro. O narrador di menos do que saben os personaxes e estes actúan ante o narrador sen que sexa quen de coñecer os seus sentimentos.

A utilización deste tipo de narrador favorece a verosimilitude.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.