Narciso Vidal Fraga
Narciso Vidal Fraga, nado en Santiago de Compostela en 1901 e finado en Teo o 10 de agosto de 1936, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 Santiago de Compostela, España |
Morte | 10 de agosto de 1936 (34/35 anos) Teo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Fillo de Manuel Vidal Cobas, naceu no barrio do Castiñeiriño (aínda Concello de Conxo). Estudou Dereito na USC, participou na FUE, formaba parte da tuna compostelá e era seguidor da Institución Libre de Enseñanza e da Residencia de Estudiantes. Ao rematar a carreira foi profesor de Lóxica e Psicoloxía na Academia Xelmírez. Membro do Centro Republicano de Santiago, do que foi elixido presidente a finais de abril de 1931, participou no pacto de Lestrobe. Foi un dos organizadores da Vanguardia de Izquierdas Republicanas. Delegado gobernativo en Santiago de Compostela en febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado por falanxistas en Espiño (Calo) o 10 de agosto,[1] aparecendo o cadáver na estrada A Coruña-Pontevedra.
Notas editar
- ↑ Necrolóxica en El Compostelano, 9-8-1937, p. 3.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Narciso Vidal Fraga na páxina web Nomes e Voces.