O Nakajima Kikka (中島 橘花 azar) foi o primeiro reactor de combate xaponés. Foi un prototipo de caza bombardeiro de ataque desenvolvido a finais da segunda guerra mundial que só voou unha única vez.

Nakajima Kikka
Kikka
TipoBombardeiro de ataque
FabricanteNakajima
Primeiro voo7 de agosto de 1945
Retirado15 de agosto de 1945
Estadoprototipo
Principais usuariosArmada Imperial Xaponesa
Unidades construídas10

Comezouse a deseñar en setembro de 1944 tras recibirse no Xapón informes do Me 262 alemán. O deseño seguiu as mesmas pautas, pero foi pensado como bombardeiro de ataque e tiña as ás pregables para poder agachalo en túneles e covas. Fixo o seu primeiro voo o 7 de agosto de 1945, un día despois do ataque a Hiroshima.

Historia editar

O seu primeiro prototipo comezou as probas en terra na fábrica de Nakajima o 30 de xuño de 1945. Durante o seguinte mes foi desmontado e enviado á base naval de Kisarazu, onde foi montado novamente e preparouse para as probas de voo. O seu primeiro voo tivo lugar o 7 de agosto de 1945, co capitán de corveta Susumu Takaoka aos mandos. O avión comportouse ben durante esta primeira proba de 20 minutos, e a única preocupación foi a distancia da súa carreira de engalaxe. Para o segundo voo, catro días despois, instaláronse unidades de foguetes para asistencia á engalaxe (RATO). Debido a que o seu aliñamento se calculou mal, o piloto erroneamente pensou que non se activaran e apagou os motores principais para abortar a engalaxe. Como resultado, o avión non engalou de todo e danouse ao saír da pista. Antes de que puidese ser reparado, Xapón rendeuse e a guerra rematou.

Nesas datas o segundo prototipo estaba case rematado, e entre 18 e 25 fuselaxes estaban en construción; un deles era un adestrador de dous asentos. Outras versións propostas para o modelo eran un avión de recoñecemento e un caza armado con dous canóns de 30 mm Type 5, con 50 proxectís cada un. Agardábase que estes fosen impulsados por versións máis avanzadas do motor Ne-20, coñecidas como Ne-20-Kai ou Ne-120, das cales se agardaba entre un 20 % e un 30 % máis de potencia que o Ne-20.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar