Najla Shami
Najla Shami, nada en Compostela, é unha cantora e compositora galega, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, creceu entre Galiza e Kuwait.
Shami no Culturgal de 2012. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Santiago de Compostela |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2003 - |
Xénero artístico | Folk |
Lingua | Lingua galega |
Instrumento | Voz |
Traxectoria editar
Comeza a estudar e cantar con 9 anos, facendo parte de diversas corais e formacións de música tradicional galega. Nesa altura crea as súas primeiras cancións. En 1997 decidiu estudar música moderna e educación musical afondando na técnica vocal e na súa pedagoxía, actividade que a levou a países como Noruega, os Estados Unidos, Xordania, Kuwait, a India, Inglaterra, Portugal e España.
Gradualmente incorpora novas influencias na súa linguaxe, achegando sonoridades de Portugal, o Brasil e África que mestura coas súas raíces e co jazz, e imprimen unha profunda pegada na súa evolución. En xullo de 2013 lanzou o libro-disco Na lingua que eu falo (Editorial Galaxia), no que afonda na obra da escritora Rosalía de Castro. Unha selección de dez temas que reúne sete poemas da autora galega con música orixinal, dúas novas creacións e unha revisión do clásico Negra Sombra.[1]
Discografía editar
En solitario editar
- Na lingua que eu falo (2013)
Con outros editar
- CoraSons - VV. AA. (2013) (Kalandraka)
- Haikus - Lobalú (2011) (Najla Shami - Héctor Lorenzo)
- Ben Deitei - Safari Orquestra (2010) (Ouvirmos)
- The Past to Come - Cinnamon Gum (2003) (Enterphonics)
Notas editar
- ↑ "Biografía". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2015. Consultado o 27 de xuño de 2015.