Nail (ネイル Neiru?) é o conselleiro do Gran Gurú (Saichōrō) dos namekianos. É un dos poucos namekianos da estirpe guerreira que quedan no planeta. En Dragon Ball Z, o Gran Gurú enviou a Nail a axudar a Krilín e a Son Gohanda na súa loita contra as Forzas Especiais, pero a medio camiño Nail decátase dun mal agoiro e da a volta. Atopouse con que Freezer encontrou ó Gran Gurú, e intentou protexelo, pero ó pelexar contra o tirano viuse en problemas pola diferenza de poder. Durante a súa batalla contra Freezer este humíllao e tortúrao arrincándolle un brazo, o cal fixo medrar de novo pero perdendo moita enerxía. Despois diso Freezer derrótao sen ningunha dificultade, pero Nail non morreu e, logo de que Piccoro o atopara, pediulle que se fusionaran para aumentar o seu poder. Piccoro aceptou despois de pensalo moito, pero coa condición de que el fora a base da fusión. Deste xeito, Piccoro aumentou o seu poder enormemente e, ademais, adquiriu a tranquilidade de espírito e a sabedoría de Nail. Nail é un personaxe xogable en Dragon Ball Z: Budokai Tenkaichi 3.

Nail era o máis poderoso dos habitantes de Namek, e mesmo superaba de sobra a Piccoro antes da súa chegada a dito planeta. O seu poder estímase nunhas 42.000 unidades de ki. Con esta forza, é derrotado sen dificultade por Freezer, quen tiña 530.000 unidades na súa última transformación. Con todo, tería podido vencer sen dificultade a calquera dos soldados de Freezer, a excepción de Xineu (cuxo poder era superior ó seu) e o resto dos membros das Forzas Especiais.

O seu nome provén dunha deformación da palabra caracol en inglés (Snail).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar