Pobo náhuatl

(Redirección desde «Nahua»)

Os náhuatls[2] son un grupo de pobos prehispánicos de Mesoamérica que habitan en México, O Salvador, Guatemala, Honduras e Nicaragua.[3][4] Son o meirande pobo indíxenas de México e o segundo máis importante no Salvador.[5][6] Os seus devanceiros foron os aztecas ou mexicas, que xunto a outros pobos antigos de Anáhuac tiñan en común a lingua náhuatl. Actualmente o termo mexicano é a súa autodenominación, pero esta contraponse ao xentilicio dunha nación que involucra a outros grupos indíxenas e estranxeiros que botaron raíces en territorio mexicano; con todo débese de ter en conta que os náhuatls son os mexicanos orixinarios dende un punto de vista estrito, aínda que se confunda o termo. O seu nexo principal en común era a súa lingua, o náhuatl ou nahuat, ademais de grandes similitudes na súa relixión e cosmovisión. Son náhuatls os pobos prehispánicos de Texcoco, Tlaxcala, Chalco, Cholula, Acolhuacan e os aztecas entre outros, destacan estes últimos pola fundación de Tenochtitlán e a súa influencia sobre os outros pobos da rexión.

Pobo náhuatl
Nenas náhuatls.
Poboación
Poboación total:
~ 3 300 000
Rexións principais:
México2 690 089
O Salvador~500 000
Nicaragua20 000 (2005)[1]
Honduras6 339
Guatemala1 120
Estados Unidos de América Estados Unidos170 256 (diáspora)
Aspectos culturais
LinguaLingua náhuatl e castelán
RelixiónCristianismo
Os náhuatls en México.

Cosmovisión náhuatl editar

Ao centro do universo atópase tlaltícpac, porción da Terra estendida horizontal e verticalmente, constitúe gran parte do mundo visible material. Este atópase rodeado de auga inmensa teo-atl que se prolonga ata que se reúne cos ceos, esta última é o Ilhuíca-atl, auga celeste.

Dimensión horizontal editar

O universo distribúese en catro cuadrantes ou rumbos que parten desde o mesmo embigo de tlaltícpac. Mirando cara ao poñente por onde o Sol de opón, é a casa deste, simbolízao a cor vermella; cara á esquerda está o sur que se simboliza co azul; a fronte da casa do sol (rumbo leste) simbolízase pola cor branca que representa a luz, a fertilidade e a vida; á dereita do camiño do Sol está o cuadrante negro do universo, o rumbo da rexión dos mortos.

Dimensión vertical editar

Os ceos eran capas esféricas superpostas separadas por traveseiros a entender dos propios náhuatls, sobre os primeiros movíanse os distintos astros celestes e arriba destes estaban as capas onde habitaban os deuses. Existen variantes na denominación dos distintos ceos, segundo a descrición pictórica do códice vaticano A temos que o primeiro ceo é por onde se move a Lúa e as nubes, Ilhuícatl Metztli. O segundo ceo é o lugar das estrelas, Citlalco, que se dividían en dous grandes grupos, as 400 estrelas do norte, Centzon Mimixcoa, e as 400 estrelas do sur, Centzon Huitznahua. O terceiro ceo, Ilhuícatl Tonatiuh, era o ceo por onde o Sol se movía diariamente desde o rumbo da luz á súa casa. O cuarto ceo, Ilhuícatl huitztlan era o ceo de Venus, que era o planeta mellor estudado polos náhuatls e asociado a Quetzalcóatl. As estrelas fumarentas ou citlalin popoca como se chamaba aos cometas pertencían ao quinto ceo. O sexto e sétimo ceo son os da noite e o día, o oitavo está en disputa, a versión máis aceptada é que é o lugar das tempestades. O noveno, décimo e undécimo; branco, amarelo e vermello respectivamente, son morada dos deuses, teteocam (lugar onde eles viven). Para rematar, o duodécimo e décimo terceiro constituían a mansión da dualidade, Omeyocan, onde habita Ometeótl, rexión metafísica fonte de xeración e de vida.

Os 9 infernos son planos e cada vez máis profundos, por eles deben de pasar os descarnados (os mortos) afrontando durante catro anos probas para poder descansar ao fin.

Notas editar

  1. Nahoas. Territorio indígena y gobernanza. http://territorioindigenaygobernanza.com/web/nnic_09/
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para náhuatl.
  3. "Pueblos Indígenas de Honduras | Territorio Indígena y Gobernanza". 
  4. "9. Nahoas | Territorio Indígena y Gobernanza". 
  5. Refugees, United Nations High Commissioner for. "Refworld | World Directory of Minorities and Indigenous Peoples - El Salvador". Refworld (en inglés). Consultado o 2019-05-06. 
  6. "Nahua Peoples | Encyclopedia.com". www.encyclopedia.com. Consultado o 2019-05-06. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • León-Portilla, Miguel (1959) La filosofía nahuatl, estudiada en sus fuentes, 2ª ed., México, D.F.: UNAM.