Nadir Eraldo Prates

futbolista brasileiro

Nadir Eraldo Prates, coñecido como Laerte III, nado en São Gabriel, Río Grande do Sur, o 2 de xuño de 1933 e finado en Porto Alegre o 2 de xullo de 2016, foi un futbolista brasileiro, que xogaba como centrocampista.

Laerte III
Información persoal
Nome Nadir Eraldo Prates
Nacemento 2 de xuño de 1933
Lugar de nacemento São Gabriel
Falecemento 1 de xullo de 2016
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1951–1953 Cruzeiro
1953–1963 Vasco da Gama
1964 Portuguesa
1965–1966 Independiente Santa Fe
1967 Junior
1968–1971 Deportivo Lara
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira como futbolista no Cruzeiro de Belo Horizonte en 1951.[1] Alí comezou a ser chamado Laerte III, como sucesor no medio do campo do equipo mineiro de Laerte Cunha (Laerte I) e Alfredo Laerte de Oliveira (Laerte II). Tamén coincidiu no equipo co seu irmán Marco Antônio, alcumado Laerte IV.[2] En 1953 realizou co equipo unha xira por Europa e Asia, disputando partidos contra importantes clubs como o Real Madrid. O Cruzeiro conseguiu empatar sen goles co equipo madrileño, nun encontro no que a Laerte lle tocou marcar a Di Stéfano.[1]

Tralo regreso da viaxe fichou polo Vasco da Gama, no que xogou durante a seguinte década completa, conquistando varios títulos, entre eles dous Campionatos Cariocas. Posteriormente xogou no Portuguesa do Río de Xaneiro, no Independiente de Santa Fe de Bogotá, no Junior de Barranquilla e no Deportivo Lara venezolano, no que rematou a súa carreira en 1971.[1]

Vida persoal editar

Foi pai dos tamén futbolistas Jair Gonçalves Prates, alcumado "o Príncipe Jajá" e Marcelo Prates.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Morreu Laerte III craque cruzeirista que brilhou na primeira excursão à Europa em 1953" (en portugués). 2 de xullo de 2016. Consultado o 7 de setembro de 2022. 
  2. "Alfredo Laerte de Oliveira". gremiopedia.com (en portugués). Consultado o 7 de setembro de 2022.