Nacionalismo árabe

ideoloxía política

O nacionalismo árabe (en árabe: القومية العربية) é unha ideoloxía nacionalista que defende a identidade dos árabes como unha nación e promove a unidade do pobo árabe. O nacionalismo árabe salienta as glorias da civilización árabe, a súa lingua e literatura, promovendo a unión política do mundo árabe.[1] A súa premisa principal é que os pobos do mundo árabe, dende o océano Atlántico até o océano Índico constitúen unha soa nación unida pola súa etnia, lingua, cultura, historia, identidade, xeografía e política.[2][3] Un dos principais obxectivos do nacionalismo árabe é rematar coa influencia de Occidente, identificado como a "némese" do nacinoalismo árabe, e a caída dos gobernos árabes considerados como dependentes do poder occidental. Xurdiu durante a caída do Imperio Otomán a comezos do século XX e esmoreceu logo da derrota dos exércitos árabes na guerra dos Seis Días.[1][2]

A bandeira da rebelión árabe contra o Imperio Otomán é un símbolo destacado do nacionalismo árabe. O seu deseño e cores son a base de moitas das bandeiras do estados árabes.
A bandeira da rebelión árabe en Aqaba, Xordania. O mastro de bandeira de Aqaba é o sexto máis alto do mundo.

As personalidades e grupos asociados co nacionalismo árabe inclúen o rei Faisal I de Iraq, o presidente de Exipto Gamal Abdel Nasser, o Movemento Nacionalista Árabe, o líder libio Muamar al-Qadafi, a Organización para a Liberación de Palestina, o Partido Árabe Socialista Baaz, que estivo no poder en Iraq durante algúns anos e aínda está no poder en Siria, e o seu fundador Michel Aflaq. O panarabismo é un concepto relacionado é chama pola colaboración supranacional dos estados árabes.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Requiem for Arab Nationalism" by Adeed Dawisha, Middle East Quarterly, Winter 2003
  2. 2,0 2,1 Charles Smith, The Arab-Israeli Conflict, in International Relations in the Middle East por Louise Fawcett, p. 220.
  3. Sela, 151

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Karsh, Efraim. Arafat's War: The Man and His Battle for Israeli Conquest. Nova York: Grove Press, 2003.
  • Karsh, Efraim. Islamic Imperialism: A History. New Haven: Yale University Press, 2006.
  • Sela, Avraham. "Arab Nationalism." The Continuum Political Encyclopedia of the Middle East. Ed. Sela. Nova York: Continuum, 2002. pp. 151–155