Ignacio Jordà González, máis coñecido como Nacho Vidal, nado en Mataró o 30 de decembro de 1973 en Barcelona, é un actor porno español.

Infotaula de personaNacho Vidal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ignacio Jordà González Editar o valor em Wikidata
30 de decembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Mataró, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesNacho Vidal Editar o valor em Wikidata
ResidenciaEnguera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor em Wikidata
Peso85 kg Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncabaleiro lexionario , actor de cinema , modelo , actor de televisión , actor pornográfico , director de cinema pornográfico , director de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá, lingua catalá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFranceska Jaimes (pt) Traducir (2005–2015) Editar o valor em Wikidata
ParellaBelladonna (pt) Traducir (2001–2002)
Sara Bernat Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnachovidal.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0896380 Allocine: 227294 Allmovie: p328677
Twitter: NACHOVIDALPORN Instagram: nachovidalxxx MySpace: nachovidaldotcom Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Infancia editar

Sendo neno a súa familia trasladouse a vivir a Enguera na provincia de Valencia, localidade onde viviu a súa infancia e de onde é a súa familia paterna, propietarios entón dunha importante empresa téxtil. Nacho sempre manifestou sentirse de Enguera, onde reside na actualidade.

Inicio no porno editar

Alistouse na Lexión en Melilla para máis adiante iniciarse na pornografía aos 21 anos na sala Bagdad de Barcelona, onde acudía a realizar espectáculos pornográficos coa súa noiva[Cómpre referencia]. Alí coñeceu o director do Festival de Cine Erótico de Barcelona, José María Ponce, quen o introduciu no mundo da cinematografía pornográfica.

Pasou máis tarde a ser discípulo de Rocco Siffredi, quen o levou a Hollywood en 1998[Cómpre referencia]. Na súa carreira protagonizou unhas 1.500 películas, ademais de traballar como produtor e director de moitos outros filmes. En 2004 estaba considerado como o actor de cine pornográfico máis importante do momento[Cómpre referencia].

Retirada temporal editar

O 31 de maio de 2005 asegurou que se retiraba do cine porno tras anunciar o seu compromiso matrimonial coa modelo colombiana Franceska Jaime, aínda que tras a ruptura con esta volveu protagonizar diversas películas.

Colaboración coa mafia chinesa editar

O 16 de outubro de 2012 foi detido na Operación Emperador contra as mafias asiáticas en España. A policía pensaba que podería terse branqueado diñeiro a través da súa produtora.[1] Despois de prestar declaración ante o xuíz, o 18 de outubro de 2012 foi posto en liberdade sen fianza aínda que se lle imputou un presunto delito de branqueo de diñeiro.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar