Os nabateos (en árabe : الأنباط Al-Anbaat) eran un pobo comerciante, que ocupaban o sur de Xordania e de Canaán, e o norte de Arabia, cuxas poboacións nos oasis, na época de Flavio Xosefo, deron o nome de Nabatea á rexión entre Siria e Arabia e entre o río Éufrates e o mar Vermello.

Petra, a capital nabatea

A súa capital era a cidade troglodítica de Petra, cuxas ruínas se encontran hoxe localizadas en territorio xordano.

O seu comercio desenvolvíase, principalmente, entre os oasis, nos cales practicaban unha agricultura intensiva. Eses oasis eran etapas das rutas comerciais. As fronteiras de tal conxunto son difíciles de precisar.

O emperador romano Traxano someteu aos nabateos definitivamente, incorporándoos ao Imperio, dentro do cal a súa cultura se foi difuminando e acabou por desaparecer.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar