Na Casaidigh (en inglés: The Cassidys) é un grupo de música tradicional irlandesa. Teñen a súa base en Dublín dende hai moitos anos, pero é orixinario de Gaoth Dobhair, condado de Donegal. O grupo está formado polos irmáns Aongus, Seathrún, Ciarán, Fionntán, Feargus e Odhrán.

As súas letras son maioritariamente en gaélico irlandés. Teñen interpretado cancións irlandesas clásicas, tales como "Bó na Leathadhairce", "Báidín Fheilimí", "Peigí Leitir Móir" e "Beidh Aonach Amárach". Engadiron nos anos recentes aspectos de rock á súa música.

Discografía editar

Álbums editar

* Na Casaidigh (1980)
* Fead An Iolair (1984)
* The Cassidys Live (1985)
* 1691 (1991)
* Off to Philadelphia (1996)
* Óró na Casaidigh (1997)
* Singing From Memory (1998)
* The Cassidys-Na Casaidigh (2001)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar