NGC 6357, é unha nebulosa difusa preto de NGC 6334 na constelación de Scorpius. A nebulosa contén moitas proto-estrelas protexidas por discos escuros de gas, e as estrelas novas están implicadas na expansión de "casulos".

NGC 6357
Imaxe tomada polo Telescopio Espacial Hubble de Pismis 24-1, o "núcleo" de NGC 6357.
Créditos: HST/NASA/ESA.
Datos para a observación
Época= X2000,0
Tipo de obxecto Nebulosa difusa
Ascensión recta 17h 24m[1]
Declinación −34° 20′[1]
Distancia ~ 8.000 al[2]
Magnitude aparente -
Dimensións aparentes -
Constelación de Scorpius[3]
Características físicas
Radio ?
Magnitude absoluta ?
Outras designacións Nebulosa Guerra e Paz,[1] Sharpless 11, RCW 131, Gum 66
NGC 6357 e Pismis 24

Esta nebulosa recibiu o nome de 'Nebulosa Guerra e Paz' por parte dos científicos do Midcourse Space Experiment debido á súa aparencia. Eles dixeron que en imaxes infravermellas a parte brillante e occidental asemellábase a unha pomba, mentres que a parte oriental parecíase a unha caveira.[4]

Pismis 24 editar

Esta nebulosa inclúe o cúmulo estelar aberto Pismis 24, que é o fogar de varias estrelas de gran masa. Unha das estrelas máis brillantes do conxunto, Pismis 24-1, pensábase que posibelmente fose a estrela máis masiva da que se tiña constancia, achegándose ás 300 masas solares, ata que se descubriu un sistema binario no que cada unha das súas compoñentes excedía con moito as 100 masas solares.[5]

Estrelas notables de Pismis 24[6]
Estrela
(Pismis 24-#)
Tipos espectral Magnitude
(Mbol)
Temperatura[7]
(K)
Raio
(R)
Masa
(M)
1NE O3,5 If* −10,0 42.000 17 74
1SW O4 III −9,8 41.500 16 66
2 O5,5 V(f) −8,9 40.000 12 43
3 O8 V −7,7 33.400 9 25
10 O9 V −7,2 31.500 8 20
12 B1 V −5,3 30.000 4 11
13 O6,5 III((f)) −8,6 35.600 12 35
15 O8 V −7,8 33.400 10 25
16 O7,5 V −9,0 34.000 16 38
17 O3,5 III −10,1 42.700 17 78
18 B0,5 V −6,4 30.000 6 15
19 B0,5 V −5,4 30.000 4 11

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "SIMBAD Astronomical Database". Results for NGC 6357. Consultado o 03-05-2007. 
  2. Robert Nemiroff, Jerry Bonnell (21-11-2010). Astronomy Picture of the Day, ed. "A Massive Star in NGC 6357". 
  3. R. W. Sinnott, editor (1988). Sky Publishing Corporation and Cambridge University Press, ed. The Complete New General Catalogue and Index Catalogue of Nebulae and Star Clusters by J. L. E. Dreyer. ISBN 0-933-34651-4. 
  4. "2MASS Picture of the Week Archive Captions". 
  5. "ESA Science & Technology: Star on a Hubble diet NGC 6357". Arquivado dende o orixinal o 04-04-2007. Consultado o 11-04-2007. 
  6. M. Fang; R. van Boekel; R. R. King; Th. Henning; J. Bouwman; Y. Doi; et al. (2012). "Star formation and disk properties in Pismis 24". A&A 539: A119. doi:10.1051/0004-6361/201015914. 
  7. F. Martins; D. Schaerer; D. J. Hillier (2005). "A new calibration of stellar parameters of Galactic O stars". A&A 436 (3): 1049–1065. doi:10.1051/0004-6361:20042386. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. A Massive Star in NGC 6357 with a close-up of Pismis 24.
  2. Star Forming Region NGC 6357 showing complex interactions between interstellar winds, radiation pressures and magnetic fields.
  3. NGC 6357: Massive Stars
  4. A Massive Star in NGC 6357