A NAACP (The National Association for the Advancement of Colored People ou Asociación Nacional para o Progreso da Xente de Cor), é unha das máis antigas e influentes organizacións polos dereitos civís dos Estados Unidos. Fundouse en 1909 para traballar polo progreso dos afroamericanos. En 2004 tiña 500.000 membros.

Historia editar

En 1905 reuniuse un grupo de 32 líderes da comunidade afroamericana, dirixidos por W.E.B. DuBois, nun hotel da banda canadense das Cataratas do Niágara (para evitar as leis segregacionistas que segregaban os hoteis estadounidenses), polo que se lles coñeceu como o Movemento Niágara. Alí fixeron un chamamento para a fin das discriminacións raciais e, en 1906, uniúselles un xudeu e dous brancos.

Unha nova xuntanza estaba prevista para o 12 de febreiro de 1909, aniversario do nacemento de Abraham Lincoln, pero tivo que se atrasar ata o 3 de maio, e o 30 de maio tomou o nome de NAACP (aínda que o NAACP mantén o 12 de febreiro como data de fundación do movemento).

Ligazóns externas editar

Web oficial do NAACP (en inglés)