N-acetilgalactosamina

composto químico

A N-acetilgalactosamina (GalNAc), é un aminoazucre acetilado derivado da galactosa. Presenta un grupo amino unido ao carbono 2 da galactosa, que substitúe ao grupo OH que estaba situado alí ; o grupo amino está acetilado cun grupo -CO-CH3[1][2].

N-Acetilgalactosamina
Identificadores
Número CAS 31022-50-1
PubChem 84265
ChemSpider 76020
ChEBI CHEBI:40356
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C8H15NO6
Masa molecular 221,21 g/mol
Punto de fusión 172–173 °C
Perigosidade
Frases S S24/25
Compostos relacionados
monosacáridos relacionados N-Acetilglicosamina
Galactosamina
Galactosa

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Funcións editar

A N-acetilgalactosamina forma parte de glicosaminoglicanos, como o dermatán sulfato, condroitín sulfato, e certo tipo de queratán sulfatos. Tamén forma parte de glicoesfingolípidos como os e globósidos e gangliósidos.

Nos humanos é o carbohidrato terminal que forma o antíxeno A do grupo sanguíneo AB0.[3]

É caracteristicamente o primeiro monosacárido que conecta a serina ou a treonina en determinadas formas de O-glicosilación de proteínas.

A N-acetilgalactosamina é necesaria para a comunicación intercelular, e concéntrase en estruturas nerviosas sensoriais humanas e animais.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar