N-634

estrada nacional entre Donostia e Compostela

A estrada N-634 é unha vía terrestre que discorre entre o barrio de Errekalde en Donostia e Santiago de Compostela ó longo de toda a costa cantábrica. É de dobre sentido e mide 900 quilómetros. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-634
Estrada Donostia / San Sebastián - Santiago de Compostela
Ponte da Maza, en San Vicente de la Barquera
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Rede de estradas de Biscaia
Rede de estradas de Guipúscoa
Lonxitude900 km
Localización
InicioErrekalde (Donostia)
FinSantiago de Compostela

Percorrido editar

 
Tramos paralelos da A-8 e da N-634 en Kareaga, Barakaldo.

Discorre polo País Vasco (Guipúscoa e Biscaia), Cantabria, Asturias e Galiza (provincias de Lugo e A Coruña). Foi substituída por diversas autovías (maiormente, a A-8) ó longo do seu percorrido, quedando a N-634 na súa maior parte destinada a dar un servizo de tráfico local ás poboacións polas que discorre.

País Vasco e Cantabria editar

No País Vasco e Cantabria o seu trazado é paralelo ó da Autovía do Cantábrico (A-8), a excepción do tramo Solares-Torrelavega, onde se proxecta construír o tramo correspondente da autovía. Porén, ese tramo pode salvarse por autovía, realizando escasos quilómetros máis, a través da S-10 (Solares-Santander) e a A-67 (Santander-Torrelavega).

Asturias editar

En Asturias son menos os tramos da N-634 que actualmente contan con trazado paralelo por autovía. Así, o tramo entre Unquera, entre Asturias e Cantabria, e Llanes, encóntrase actualmente en proxecto. O tramo Llanes-Ribeseya encóntrase en servizo a través da citada A-8.

Tras pasar Ribadesella abandona a paisaxe costeira que seguira desde o seu nacemento, internándose no interior de Asturias a través do val que forma o río Sella en dirección a Les Arriondes. Atravesa tamén L'Infiestu e Nava para chegar a Lieres, onde unha nova autovía, a A-64, ocupa o seu trazado inicial e conduce cara a Oviedo. Desde a capital ata La Espina a estrada discorre paralela á autovía A-63. De momento esta autovía está en servizo unicamente ata Grau, sendo a partir desta poboación a N-634 o único eixo de comunicación cara ao suroeste asturiano. Ata Grau as dificultades montañosas da N-634 non son excesivas, se ben a partir de aí se inicia o ascenso ó Alto de Cabruñana, que serve de fronteira natural e administrativa entre os concellos de Grau e Salas. O descenso termina en Cornellana, poboación na que se cruza o río Narcea, poñendo rumbo á segunda e máis pronunciada dificultade montañosa, o Porto da Espina (650 metros), con 12 quilómetros de ascenso nun desnivel de 500 metros. No descenso, de 33 quilómetros, sálvanse 600 metros de desnivel, pasando polos concellos de Salas e Valdés, aproveitando nos seus últimos tramos o val do río Esva, chegando ata Canero e volvendo de novo á costa cantábrica.

En Canero regresa á beira da A-8, apartándose en zonas como o tramo Variante de Navia que serve de circunvalación para a vila do mesmo nome.

Tras Navia a N-634 atravesa El Franco e Tapia de Casarego ata chegar ó concello de Castropol, ribeireño da ría de Ribadeo, límite con Galicia.

Galicia editar

 
Fito quilométrico nº 376 da N-634, situado ó pé da N-642 preto do km 5, visible na foto.
 
Fito quilométrico nº 376 da N-634, na actualidade entre a N-642 e a ría de Ribadeo.

O paso da ría de Ribadeo quedou sen solución de continuidade para a N-634, ó ser usada a Ponte dos Santos despois da súa ampliación[1][2] para a entrada da A-8 en Galiza por Ribadeo. Así, o seu trazado a ambas beiras da ría foi asignado á N-640, que parte de Barres, Castropol, Asturias e continúa polo vello trazado na N-634 ata a rotonda de Porto, xa no concello de Ribadeo, Galicia, e á N-642 que transcorre dende dita glorieta ata entroncar de novo coa 634, sempre polo concello de Ribadeo, se ben neste caso o entronque faise por unha nova estrada de circunvalación (ou ben a traverso da vila, polas rúas resultantes da cesión do tramo por parte de Fomento ó concello en xullo de 2008)[3].

 
Radar de estrada no Marquiño, (Lardeiros, O Pino).

Poucos quilómetros despois encóntrase a segunda dificultade montañosa máis pronunciada, o Alto de Mondoñedo ou Porto da Xesta, de 590 metros. Tralo descenso e o paso por Vilalba, chégase a Baamonde, poboación onde novamente a N-634 se topa cunha autovía. Neste caso é a A-6 Madrid-A Coruña, coa que coincide ata as inmediacións de Guitiriz, onde comeza a súa recta final, encamiñándose cara a Santiago de Compostela.

Notas editar

  1. "Proyecto de ampliación del puente de los Santos". Tecniberia. Arquivado dende o orixinal o 01/10/2017. Consultado o 1/10/2017. 
  2. "Ponte dos Santos". ribadeando. Consultado o 1/10/2017. 
  3. "Ribadeo licitará al fin la esperada mejora de la travesía urbana". 30/7/2009. Consultado o 1/10/2017.