Na sociedade xermánica, nīþ (nórdico antigo níð; inglés antigo nīþ, nīð); era un termo que implicaba a perda da honra e a estigmatización do individuo como malvado. En inglés medio existía un termo cognado, nithe, que significaba "envexa", "odio", ou "malicia".[1]

Un termo relacionado era ergi, que comportaba unha connotación de falta de virilidade.

Níð, argr, ragr e ergi editar

Ergi e argr ou ragr pódense considerar especificamente como palabras malsoantes ou graves insultos para acusar a un individuo de "covarde", e debido á gravidade e severidade do termo, as vellas leis escandinavas esixían unha retribución fronte a tal acusación ou, no seu defecto, o xusto castigo para o acusador se non fose certo.

O código grágás islandés (lei do ganso gris)[2] fai referencia a tres palabras equivalentes a "argr": ragr, strodinn, e sordinn, as tres significaban o rol pasivo dun home en actividades sexuais con outros homes.[3] Outro concepto semántico de argr, ragr e ergi era, segundo o grágás, "sincero (achegado) amigo do feiticeiro".

Outros exemplos das leis escandinavas: A lei de Gulating[4] refírese a "non ser suficientemente home", "ser un escravo" ou "seiðmaðr (feiticeiro)". As leis de Bergen[5] tamén se refiren ó "seiðmaðr", ou "o desexo de manter relacións sexuais como macho pasivo (kallar ragann)". A lei de Frostothing[6] refírese ó "desexo masculino de manter baixas relacións sexuais". Polo tanto, aparentemente o termo ergi estaba fortemente condicionado, non só no senso de bruxería, falta de virilidade, debilidade e amaneiramento, tamén á luxuria e perversión sexual dende o punto de vista dos pobos nórdicos durante a Idade Media. Os Ergi ou efeminados eran considerados como individuos de excesiva luxuria rozando a tolemia máis extrema.[7]

O significado do adxectivo argr ou ragr (en anglosaxón "earg") estaba vencellado a unha natureza ou aparencia efeminada, especialmente en actos obscenos. Argr era o peor, o insulto máis derogatorio coñecido das linguas nórdicas. Segundo a lei islandesa, esperábase que o acusado matase ó seu acusador inmediatamente.[8] Se o acusado non respondía con violencia, tiña o dereito a demandar unha compensación cun duelo, o holmgang, esixindo a retirada do insulto ó acusador ou no seu defecto retalo a morte, coa fin de probar que o acusado non era un ser débil e covarde por no responder axeitadamente.[9]

Notas editar

  1. Siglo XV níþ de Bosworth & Toller (1898/1921). An Anglo-Saxon dictionary, based on the manuscript collections of the late Joseph Bosworth, edición y ampliación de T. Northcote Toller, Oxford University Press
  2. Heusler, Andreas (1937). Isländisches Recht - Die Graugrans (en alemán). Weimar. 
  3. Seebold, Elmar (Ed.): Art. arg, in: Kluge. Etymologisches Wörterbuch der deutschen Sprache, 24. Auflage, Berlin, New York 2002, S. 58.
  4. Meißner, Rudolf (1935). Norwegisches Recht - Das Rechtsbuch des Gulathings (en alemán). Weimar. p. 123. 
  5. Meißner, Rudolf (1950). Stadtrecht des Königs Magnus Hakonarson für Bergen - Bruchstücke des Birkinselrechts und Seefahrerrechts der Jónsbók (en alemán). Weimar. pp. 65, 105, 347, 349, 437. 
  6. Meißner, Rudolf (1939). Norwegisches Recht - Das Rechtsbuch des Frostothings (en alemán). Weimar. p. 193ff. 
  7. Ruth Karras Mazo: Sexualität im Mittelalter. Aus dem Amerikanischen von Wolfgang Hartung, Düsseldorf 2006, p. 275 - 277.
  8. Gering, Hugo (1927). B. Sijmons, ed. Kommentar zu den Liedern der Edda (en alemán). Halle. p. 289. 
  9. Heusler, Andreas (1911). Das Strafrecht der Isländersagas (en alemán). Leipzig. p. 56.